O día 11 de febreiro celebraremos o Día Internacional das nenas e mulleres na ciencia.
É un día para recordar e coñecer a moitas mulleres que tiveron moitas dificultades en destacar na ciencia.
Durante moitos anos as mulleres non tiveron as mismas oportunidades porque durante moitos siglos non se lles permitiu ni tan siquiera acceder a educación. Era imposible que se dedicaran a temas ciéntificos e moito menos explicar os descubrimentos do mundo.
Afortunadamente hoxe en día esto xa non é así e por eso é necesario ter en conta a todas estas mulleres como referentes.
Mulleres como:
ANGELES ALVARIÑO
Mª JOSÉ ALONSO FERNÁNDEZ
ANGELA RUIZ ROBLES
ELENA GARCÍA ARMADA
JANE GODALL
ROSALIND FRANKLIN
GRACE HOPPER...
Pero nesta ocasion queremos adicar o dia 11 de Febreiro especialmente a Katherine Johnsonn por ser muller ciéntifica e negra.
Ela tivo que loitar con todos os prexuicios asociados ao xénero e ademais ao seu color de pel.
Aquí vos queda este video para coñecela mellor e ver todo o que tivo que loitar para destacar no mundo da ciencia.
Tamén hay unha película "Figuras ocultas" que narra a historia de tres brillantes mulleres científicas afroamericanas, entre elas Katherine Johnsonn, que traballaron na NASA a comenzos dos anos sesenta (en plena carreira espacial, e tamén cando se estaba a loitar polos dereitos civís dos negros estadounidenses) no ambicioso proxecto de por en órbita o astronauta John Glenn.
Ningún comentario:
Publicar un comentario