O día 23 de Febreiro , despois da ponte do Entroido, conmemoramos o día de Rosalia.
Nesta ocasión quixemos adicar o día a unha galega referente no mundo.
Unha muller importante como escritora e que falou de moitos temas do rural, da situación precaria dos pobos de galicia, da lingua e tamén da emigración.
Na biblioteca fixemos un recuncho de contos en galego e tamén dos seus.
Ademais montamos entre todxs un mural con fotos da emigración galega recompiladas polos nenxs , poesías e un mapa do mundo onde se marcaron os diferentes lugares aos que emigraron os galegos e galegas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario