Este ano, igual que nos anos anteriores, queremos facer unha pequena homenaxe a tódalas mulleres que nos rodean e tamén as que destacaron especialmente nas suas profesións.
Nestes días traballaremos sobre a temática da igualdade entre homes e mulleres.
Temos na biblioteca unha selección de lecturas axeitadas ao tema.
Ademais este curso quixemos tamén homenaxear as mulleres trans referentes para 8M 2021.
Rapazas e mulleres trans que dende a sua infancia e adolescencia loitan contra o rexeitamento social, os prexuicios e as veces o rexeitamento familiar.
A partir de 10 breves biografias ilustradas de 10 mulleres referentes actuais os nen@s intentarán saber quen son, como loitan polos seus dereitos e os dereitos doutras persoas, cal é o sua profesión...
Hoxe xoves 11 de Febreiro, é o día internacionalo da muller e da nena na ciencia 2021.
Neste día a Asociación de mulleres investigadoras e tecnólogas fan unha campaña na que intentan fomentar a vocación ciéntifica en nenas e adolescentes para poder así aumentar a presenza das mulleres ciéntidicas obviadas nos textos escolares.
Pataquiña quere deixarvos neste enlace unha serie de animación muller na ciencia para tod@s.
Fai uns días xa que rematamos a instalación de todo o necesario para ter no cole a nosa radio escolar.
Mesa de mezclas, micrófonos, ordenador...
Foi entón, cando os nen@s de 2º de Primaria, puideron participar nun taller do programa "Escolas nas ondas"-
Nel aprenderon qué é unha radio, para qué sirve, cómo se fai un guión radiófonico, cómo debemos compartir información ou música, saber escribir para falar e saber falar con boa entoación ...
Pouco a pouco irán pasando todas as clases por aquí e intentaremos ser creativos e pasalo ben.
Cada 30 de Xaneiro, celebramos o día Escolar da non violencia e da Paz, como homenaxe a Mahatman Gandhi, lider do movemento de independencia da India e pionero da filosofía da non violencia.
Este ano dende as Escolas Asociadas UNESCO, queremos coñecer a Rosa Parks, unha activista e unha das figuras máis importantes do movemento polos dereitos civís dos Estados Unidos.
Un día de 1955, cando viaxaba en autobús , o conductor mandouna que se levantara do seu asiento porque debía ocupalo un branco. Inesperadamente, Rosa dixo que non e con ese xesto mínimo reorientou a historia do seu pais, pois o seu exemplo moveu a comunidade negra a reivindicar os seus dereitos, tantas veces violados.
Esta é a selección de libros para traballar e saber máis.