O Lúns conmemoramos o DÍA DA MULLER TRABALLADORA .
Este ano, igual que nos anos anteriores, queremos facer unha pequena homenaxe a tódalas mulleres que nos rodean e tamén as que destacaron especialmente nas suas profesións.
Nestes días traballaremos sobre a temática da igualdade entre homes e mulleres.
Temos na biblioteca unha selección de lecturas axeitadas ao tema.
Ademais este curso quixemos tamén homenaxear as mulleres trans referentes para 8M 2021.
Rapazas e mulleres trans que dende a sua infancia e adolescencia loitan contra o rexeitamento social, os prexuicios e as veces o rexeitamento familiar.
A partir de 10 breves biografias ilustradas de 10 mulleres referentes actuais os nen@s intentarán saber quen son, como loitan polos seus dereitos e os dereitos doutras persoas, cal é o sua profesión...
-MARSHA P. JOHNSON
-LAURA BUGALHO
-AVERY JACKSON
-PETRA DE SUTTER
-ELSA RUIZ
-MARA GÓMEZ
-JAZZ JENNINGS
-MARINA ECHEBARRÍA SAENZ
-JUANI BERMEJO
-LINIKER
Recursos musicais:
Ningún comentario:
Publicar un comentario