Cada 30 de Xaneiro, celebramos o día Escolar da non violencia e da Paz, como homenaxe a Mahatman Gandhi, lider do movemento de independencia da India e pionero da filosofía da non violencia.
Este ano dende as Escolas Asociadas UNESCO, queremos coñecer a Rosa Parks, unha activista e unha das figuras máis importantes do movemento polos dereitos civís dos Estados Unidos.
Un día de 1955, cando viaxaba en autobús , o conductor mandouna que se levantara do seu asiento porque debía ocupalo un branco. Inesperadamente, Rosa dixo que non e con ese xesto mínimo reorientou a historia do seu pais, pois o seu exemplo moveu a comunidade negra a reivindicar os seus dereitos, tantas veces violados.
Esta é a selección de libros para traballar e saber máis.
E como para nos é un día de festa,
celebrámolo cantando e bailando
Ningún comentario:
Publicar un comentario