LETRAS GALEGAS
2018
Mª VITORIA MORENO
Xa non queda nada para festexarmos o Día das Letras Galegas 2018, o día
en que a nosa literatura e a nosa lingua se visten de gala para celebrar
a súa vizosa creatividade e a necesidade de promover e potenciar o uso
do noso idioma para que cumpra 1000 primaveras máis.
Este ano a autora homenaxeada será María Victoria Moreno, a escritora estremeña que aló polo ano 1963 chegou a Pontevedra como profesora para asumir, conscientemente, unha vida e unha obra en lingua galega. Tal e como diría ela anos máis tarde, "a miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor". E así foi como a este amor e ao seu compromiso coa docencia e o ensino, que recoñecen moitas xeracións de pontevedreses e pontevedresas que pasaron polas súas aulas de lingua e literatura, sumou unha obra literaria que nos deixou algúns dos títulos máis recoñecidos entre o público infantil e xuvenil.
Ademais das numerosas actividades que se están a levar a cabo e a argallar ao redor da súa figura neste mes, a continuación facemos unha selección de recursos e materiais que de seguro nos axudan a coñecer mellor a súa achega á cultura galega:

- Real Academia Galega: inclúe unha biografía, información sobre a súa obra e unha interesante sección sobre as actividades que se están xerando ao redor da autora neste ano.
- Primavera das Letras: como xa fixo en cursos anteriores, a propia RAG pon á disposición da comunidade educativa unha páxina especial de recursos que inclúe fichas didácticas, actividades interactivas, ligazóns de interese e mais as bases do certame Contádenos o voso Día das Letras Galegas.
- Seminario Galán: como todos os anos, os compañeiros e compañeiras do Seminario elaboraron un completísimo monográfico para levar ás aulas a obra e a vida da persoa á que se lle dedica esta efeméride. Materiais imprimibles (biografías, dípticos, exposicións, cadernos de actividades...), libros interactivos multimedia e álbum de imaxes da autora conforman un conxunto de recursos adptados a cada curso de Infantil e Primaria.
- Letras Galegas 2018: a profesora Patricia Sánchez Lamas, autora do blogue de referencia A fiestra da mestra, non para e elaborou unha páxina web que, ao lado de fichas idóneas para imprimir e traballar na clase, incorpora unhas actividades tan orixinais como unha "Regueifa das Letras" e as "Píldoras para Victoria", ademais dunha "Biografía sonorizada" e un "Concurso das Letras". Van alá os nosos parabéns e agradecementos para esta compañeira polo seu traballo e por partillalo con nós!
Incluímos tamén a páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que inclúe traballos e propostas que se están a desenvolver nos centros de ensino, e a selección de recursos e novidades sobre as Letras da revista Botóns, o Portal Galega da Educación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario