O 17 de Maio celébrase o día das Letras Galegas e nesta ocasión está adicado a Luísa Villalta Gómez.
Naceu na cidade da Coruña o 15 de Xullo de 1957, na rúa vila de Laxe, en pleno corazón do barrio de Gurugú.
Despois de pasar polas aulas do colexio das xosefinas e do Instituto Nacional Femenino actual IES Eusebio da Garda, acadou a licenciatura de filoloxía Hispánica na subsección de Galego-Portugés na universidade de santiago de compostela e exerceu como profesora de Lingua e Literatura galega nos institutos coruñeses xosé Neira vilas, de Perillo-Oleiros, Canido-ferrol e Isaac Díaz Pardo, de Sada.
Desenvolveu unha intensa actividade cultural, foi autora de obras de teatro, narrativa, ensaio e poesia, quizais a súa faceta mais coñecida.
Obtivo o Título superior de Violín polo conservatorio da coruña e creou nos anos oitenta, Escaino, un grupo de folk instrumental.Tamén foi compoñente da Orquestra de santiago de compostela e da xove orquestra de galicia, formacións que deixou ao dedicarse á docencia.
Faleceu na Coruña o 6 de marzo de 2004, á ídade de 46 anos, e foi soterrada no cemiterio de San Amaro.
A Real academia Galega, en sesión celebrada o 29 de xuño de 2023, acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2024 pola súa contribución á cultura de galicia e á lingua galega.
Nos seguintes enlaces podedes consultar a súa biografia e obra,
E tamén xogar:
Ningún comentario:
Publicar un comentario