Ola , amigos
Son Pataquiña, e quería descubrir con vos información sobre a autora a que adicamos o día das letras galegas este ano: LUISA VILLALTA
O Equipo de biblioteca e mais eu propoñemos que participedes nun concurso que terá as seguintes normas:
O día 21 de Maio faremos 3 preguntas que deberedes descubrir.
Cando teñades as respostas escribidelas nunha tarxeta que teredes á entrada da biblioteca e metédela no buzón que hai ao lado.
Odía 23 de Maio , despois do recreo sortearemos un libro entre os participantes que respondan correctamente as tres preguntas.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario