Pataquinha

Pataquinha

luns, 24 de novembro de 2014

25 DE NOVEMBRO, CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

Como actuamos ante a violencia machista?
Pataquiña quere que os nenos de Cabanas sexade sensibles ante este problema e aportdes unha mensaxe, frase, verso ou debuxo contra a violencia de xenero.
Todo o mundo rexeita, sen nengún tipo de paliativos a violencia contra as mulleres. Pero que acontece cando somos testemuñas en primeira persoa deste tipo de agresións?
Cunha cámara oculta instalada nun ascensor,un home ameaza e agrede a súa suposta parella, ante unha testemuña.
Vendo o video podemos comprobar que , ainda que a opinion e actitude da maioria cidadá é totalmente contraria a este tipo de violencia, á hora da verdade, non se actúa en consecuencia. Só unha das 53 persoas que entran no ascensor reacciona ante a agresión.


Loitemos todos dende o cole e as casas para que esto non suceda.






Blog de recursos para traballar a igualdade nos centros. Clicar en " Educando en Igualdade"




Ningún comentario:

Publicar un comentario