O 20 de Novembro de 1959 aprobouse a declaración dos dereitos do Neno. E desde entón, en todo o mundo, celébrase nesta data o día Universal dos nenos e nenas.
Os nenos e profesores de Cabanas, seguindo a programación recollida no plan lector e proxecto da biblioteca, traballamos este tema toda a semana dende o Lúns, día 17.
Para elo utilizamos un conto da colección Dos Dereitos do Neno e da Nena
Non só se expuso este conto nas clases e na biblioteca ós nenos de infantil e primaria, senon que tamén se fixo un LIM para ler o conto e facer divertidas actividades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario