venres, 29 de xaneiro de 2021
CONTRA O RACISMO: ROSA PARKS
luns, 25 de xaneiro de 2021
CHEGOU A RADIO A CABANAS !!!
Fai uns días xa que rematamos a instalación de todo o necesario para ter no cole a nosa radio escolar.
Mesa de mezclas, micrófonos, ordenador...
Foi entón, cando os nen@s de 2º de Primaria, puideron participar nun taller do programa "Escolas nas ondas"-
Nel aprenderon qué é unha radio, para qué sirve, cómo se fai un guión radiófonico, cómo debemos compartir información ou música, saber escribir para falar e saber falar con boa entoación ...
xoves, 21 de xaneiro de 2021
DÍA DA PAZ: 2021
Cada 30 de Xaneiro, celebramos o día Escolar da non violencia e da Paz, como homenaxe a Mahatman Gandhi, lider do movemento de independencia da India e pionero da filosofía da non violencia.
Este ano dende as Escolas Asociadas UNESCO, queremos coñecer a Rosa Parks, unha activista e unha das figuras máis importantes do movemento polos dereitos civís dos Estados Unidos.
Un día de 1955, cando viaxaba en autobús , o conductor mandouna que se levantara do seu asiento porque debía ocupalo un branco. Inesperadamente, Rosa dixo que non e con ese xesto mínimo reorientou a historia do seu pais, pois o seu exemplo moveu a comunidade negra a reivindicar os seus dereitos, tantas veces violados.
Esta é a selección de libros para traballar e saber máis.
E como para nos é un día de festa,
celebrámolo cantando e bailando
domingo, 20 de decembro de 2020
RECOMENDACIÓNS LECTORAS 2020
Xa están a chegar as vacacións de Nadal.
Tempo no que poderemos descansar, estar coa familia e ler moito.
Bo Nadal !!!
sábado, 5 de decembro de 2020
DÍA DA DISCAPACIDADE
O 3 de decembro , celebramos o día da discapacidade e por eso as nenas e nenos de Cabanas quixemos sumarnos á iniciativa #BAIXOOMESMOPARAUGA, para darlle visibilidade as persoas con discapacidade.
enviarlle a eles.
Clicar na imaxe.
"AÍNDA QUE TODOS SOMOS DIFERENTES TEMOS QUE SENTIRNOS E FACER SENTIR A TODAS E TODOS IGUAIS"
martes, 24 de novembro de 2020
25 DE NOVEMBRO " DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES"
Estase achegando o 25 de Novembro e desde a Biblioteca queremos sumarnos á loita contra esta lacra da sociedade.
Recursos recomendados para traballar nestes días.














