Pataquinha

Pataquinha

mércores, 8 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Resultado de imagen de ANTON FRAGUAS

Antonio Fraguas Fraguas

O antropólogo xeógrafo e historiador Antonio Fraguas naceu o 28 de decembro de 1905 na vila pontecedresa de Cotobade. Sendo estudante de bacherelato fundou a Sociedade da Lingua para a defensa do noso idioma e a elaboración dun diccionario.
En 1928 formou parte do seminario de Estudos Galegos que foi clausurado pola ditadura militar despois da Guerra Civil.
Tamén foi membro do instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, do que chegou a ser director da sección de Etnografia e Folclore.
En 1951 entrou a formar parte da Real Academia Galega, ocupando o posto de Alfonso D. Rodríguez Castelao.
Dirixiu o Museo do Pobo Galego ata o seu fallecemento en 1999.

Clicar aquí Actividades en liña para Infantil e Primaria.






luns, 29 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO

Un curso máis quixemos festexar o día do libro cunha das actividades que sempre tivo moito éxito no noso cole: 
O Apadriñamento Lector.
Foi unha xornada moi emotiva na que os nenos e nenas maiores participan con moito agrado. 
Ademais deso tamén invitamos os nenos a traer da casa unha foto na que podían  escoller un dos seus momentos de lectura preferido.






























CONTACONTO: MIGALLAS

O pasado Venres, os nenos de educación infantil, pasaron un momento divertidisímo con "MIGALLAS TEATRO" da man de Bea e Manuel.
Con eles aprenderon contos, rimas, cancións... e por suposto todo  en galego.








mércores, 3 de abril de 2019

SALÓN DO LIBRO

 Os nenos de 6º de Infantil, 3º e 6º de Primaria visitamos o Salón do Libro.
A mañá comenzou cun saúdo das monitoras e tamén do noso amigo ORBIL.
A continuación visitamos a exposición e asistimos os contacontos e talleres nos que o tema foi a revolución.
Este ano os países convidados ao Salón  son os de fala portuguesa.

GUSTOUNOS MOITO !!!!


LOITAMOS POLA IGUALDADE


IGUALDADE


Os nenos de 5º de Infantil elaboraron este interesante libro no que nos ensinan a importancia da educación para que nenos e nenas sexan iguais.

venres, 29 de marzo de 2019

MARIO PENSABA QUE O GALEGO NON SERVÍA PARA NADA

Este é o contacontos que nos ofreceron  " POLO CORREO DO VENTO", os nenos de 6º de infantil e 1º de Primaria.
Moitas grazas. 

PASÁMOLO MOI BEN.



   


xoves, 28 de marzo de 2019

DÍA DA MULLER

O día 8 de Marzo foi o día da muller.
Fixéronse varias actividades:
- Rincón de libros con recomendacións para lecturas.
- Conversas nas clases sobre o significado dese día.
- Elaboración do libro das mulleres revolucionarias.
Pero o mellor chegou o día 18 de marzo coa visita ó cole de tres mamás: Pili, inspectora xefa de Policía, Ana, científica da Misión Biolóxica e Antía, veterinaria.
Elas viñeron contarnos como a muller pode ser igual que un home e pode ter os mesmos traballos ca eles.




Mirade como nos explicaba Ana o seu traballo como científica.

Antía contounos un montón de cousas interesantes sobre o seu traballo con animais.


Pili tamén nos inspirou co seu relato sobre como chegou a ser inspectora e como é o seu traballo día a día.

E mirade que público hipnotizado e atento tivemos! Normal, as profes tamén estaban co sorriso posto e aprendendo dunha charla tan proveitosa. Pasámolo en grande!






 
                      Moitas grazas ás tres.