O día 8 de Marzo foi o día da muller. Fixéronse varias actividades: - Rincón de libros con recomendacións para lecturas. - Conversas nas clases sobre o significado dese día. - Elaboración do libro das mulleres revolucionarias. Pero o mellor chegou o día 18 de marzo coa visita ó cole de tres mamás: Pili, inspectora xefa de Policía, Ana, científica da Misión Biolóxica e Antía, veterinaria. Elas viñeron contarnos como a muller pode ser igual que un home e pode ter os mesmos traballos ca eles.
E mirade que público hipnotizado e atento tivemos! Normal, as profes tamén estaban co sorriso posto e aprendendo dunha charla tan proveitosa. Pasámolo en grande!
Estreamos vídeo do baile que fixeron pequenos e maiores o pasado 31 de xaneiro, día que cantamos e bailamos por un patio en PAZ.
Ao comezo podedes ver algunhas fotografías das reflexións dos distintos cursos sobre o patio que queremos, e despois un resumo do baile das nenas e nenos de Infantil e logo o pase de Primaria.
A canción é Un mismo sol, de Álvaro Soler, que reflexa moi ben as ganas que temos de transformar o recreo. Agardamos que vos guste!
Este curso quixemos falar entre todos que significaba un patio en paz. En todas as clases se fixo un debate e despois expuxeron en público o que eles decidiron que debería ser un patio en paz. Finalmente compartimos un momento moi emotivo cantando e bailando a cancion "Bajo un mismo sol"