Pataquinha

Pataquinha

martes, 23 de abril de 2013

23 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO


Este Día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a el, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio de edición, as librarias, as bibliotecas e as escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo.
A narradora, actriz e directora teatral Paula Carballeira, agasalla as bibliotecas Escolares cun texto que quere motivar ás lectoras e lectores titulado "So un libro"

Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
A ver se así reacciona.
Non.
Que vai reaccionar!
Espera.
O libro espera.
Non se decata de que son máis forte ca el.
Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
Se cadra estase rindo de min.
Crerase moi importante por ser un libro.
Vouno abrir.
Teño curiosidade por saber que escribiron dentro del para que teña eses
aires de superioridade.
Vaia!
Non está nada mal.
Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento.
Era xusto o que eu quería.
Un libro.








E agora un video :
ROBERTO E OS LIBROS, un conto moi divertido animado para celebrar o día do libro.Un conto que fomenta a lectura e a imaxinación dos nenos.





venres, 22 de marzo de 2013

DIA MUNDIAL DA POESÍA


O día 21 de Marzo é o DÍA DA POESÍA
A UNESCO proclamou este día querendo homenaxear ás persoas que, só coa palabra como ferramenta intentan mellorar o mundo.
O  22  de Marzo é  o DÍA INTERNACIONAL DA AUGA. Anualmente, neste día, o que se quere é chamar a atención sobre a importancia da auga doce e a necesidade de reivindicar unha xestión sustentable deste recurso.
Por eso no noso cole decidimos lembrar poesías que estivesen relacionadas coa auga en honor ás dúas celebracións y este é o resultado desta proposta:
Nubes e árbores cheos de gotas con poesías.



.

 Aquí deixamos algúns recursos para saber máis de poesía.( Premer )
Orella pendella (literatura oral para nenos e nenas)
Son de poetas (antoloxia de poesía galega musicada) 
Portal de poesía

xoves, 21 de marzo de 2013

MERCA DE FONDOS PARA A BIBLIOTECA E NOVAS ENCARGADAS



Todos recordades que fai algunn tempo   concedéronnos algúns cartos  co proxecto de Mellora de Bibliotecas para invertir no curso actual en ordenadores, mobiliario, libros...
Pois ben, estes son algúns dos moitos libros que xa catalogamos na biblioteca e que poderedes levar as vosas casas ou ser lidos na mesma biblioteca cando desexedes.

Pataquiña espera  que sexan do voso agrado e que disfrutedes coa lectura.
Pataquiña tamén quere dar as gracias a ANPA do colexio e a banda de música de Salcedo pola súa colaboración na merca de dous novos ordenadores para a nosa biblioteca.





Ademais presentámosvos  as novas encargadas da biblioteca.Son as  nenas que quixeron comprometerse nesta actividade. Elas  non soio  ordenan os libros  ou axudan os seus compañeiros,  senon que ademais están sempre moi atentas  a calquera das necesidades que van xurdindo. O equipo de biblioteca está moi agradecido do seu traballo.  Moitas grazas



xoves, 14 de marzo de 2013

CALENDARIO DE RAFAEL UBEDA


Este curso etivemos traballando a obra do pintor Rafael Ubeda.
Rafael Ubeda é un pintor pontevedrés moi recoñecido e que ademais foi  o que pintou o mural  que está na entrada do noso cole.
Chámase  Creatividade e fantasia”. O punto de intererese desta pintura está nun neno que crea e compón. O resto do mural pertence á fantasía, un neno músico.                                                            
Todolos cursos,  dende 3 anos ata  6º de primaria,  elaboramos un calendario para o ano 2013  no que cada mes está ilustrado cun dos seus cadros e algún tamén coa sua biografia  e aficións.
Este foi o resultado:


xoves, 28 de febreiro de 2013

8 DE MARZO DIA DA MULLER TRABALLADORA


O vindeiro 8 de marzo conmemórase o día internacional da muller traballadora. Na biblioteca do CEIP Cabanas unímonos a celebración dese día e ofrecémosvos os seguintes recursos elaborados por o CPI da Cañiza e  outros  centros educativos:

     (PINCHAR AQUÍ):
                      Historia do día
      Quen somos?

Lecturas recomendadas:


                       
      
 
  

(Pinchar aquí)  para coñecer ás  10  mulleres ciéntificas máis importantes da historia ou
                          recursos día da muller traballadora.


mércores, 27 de febreiro de 2013

MAQUINANDO COA AUGA

Empeza a conta atrás para chegar ao Salón do Libro!!! a nosa "Fonte de Cabanas", xa chegou ao Pazo de Cultura e está esperando a ser colocada no seu lugar xunto cos traballos dos outros coles.
 No Pazo da Cultura de Pontevedra, unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil dará comezo o vindeiro sábado día 2 e permanecerá aberto ata o 23 de marzo. A entrada é gratuíta e a maioría das actividades que se realizarán tamén. O programa xa se pode consultar clicando aquíO horario de apertura será: De luns a venres de 17.00 a 20.30h; sábados e domingos de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.30h. Este ano o tema central serán as máquinas: …“inventos humanos que reducen o esforzo necesario para realizar un traballo.”… “A máquina como o aparato que move o mundo, como artefacto que fai realidade todo o que imaxinemos.”… 
Benvidos ao mundo das máquinas.