Pataquinha

Pataquinha

martes, 23 de abril de 2013

23 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO


Este Día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a el, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio de edición, as librarias, as bibliotecas e as escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo.
A narradora, actriz e directora teatral Paula Carballeira, agasalla as bibliotecas Escolares cun texto que quere motivar ás lectoras e lectores titulado "So un libro"

Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
A ver se así reacciona.
Non.
Que vai reaccionar!
Espera.
O libro espera.
Non se decata de que son máis forte ca el.
Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
Se cadra estase rindo de min.
Crerase moi importante por ser un libro.
Vouno abrir.
Teño curiosidade por saber que escribiron dentro del para que teña eses
aires de superioridade.
Vaia!
Non está nada mal.
Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento.
Era xusto o que eu quería.
Un libro.








E agora un video :
ROBERTO E OS LIBROS, un conto moi divertido animado para celebrar o día do libro.Un conto que fomenta a lectura e a imaxinación dos nenos.





Ningún comentario:

Publicar un comentario