Pataquinha

Pataquinha

mércores, 19 de maio de 2021

XINCANA DE XELA ARIAS










Entre os días 10 de Maio e 21 de Maio , os nenos de Primaria participaron na xincana de Xela Arias.
Na biblioteca houbo 3 recunchos e 2 en biblioxogos por onde foron rotando os diferentes equipos sinalizados con carteis.
Recuncho nº 1 Preguntas sinxelas da sua biografia
Recuncho nº 2 Sopa de letras
Recuncho nº 3 Conto "As bruxas" / Completar a caricatura de Xela Arias
Recuncho nº 4 Marcapáxinas
Recuncho nº 5 Comecocos / Decoración do conto "As Bruxas"
O equipo 1 empezaba no recuncho nº 1 e logo continuaba a ronda tendo 10 minutos por recuncho.
Unha vez rematados os minutos o tempo parabase e cambiaban de recuncho rotando e seguindo a orde numérica.


martes, 18 de maio de 2021

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

 Hoxe é o día internacional dos Museos.

Con este día a idea é concienciar a tod@s de que os Museos son un importante medio para o intercambio cultural o enriquecemento das culturas, a colaboración e a paz entre os pobos.

Este curso o noso proxecto de traballo é precisamente coñecer que é un museo, como son e para que sirven, onde están ...

Cada nivel está a traballar con esta temática e pronto  faremos  un video que recolla todo o que estamos aprendendo.







venres, 14 de maio de 2021

DÍA DA FAMILIA : 15 DE MAIO

 

Unha familia é un fogar seguro.

Nenas e nenos chegan as familias de moitas formas diferentes e non todas as familias son iguais.

Aquí vos queda unha pequena selección de libros que falan sobre a diversidade familiar.































domingo, 9 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

 O día 17 de Maio celebramos o día das Letras Galegas

Este ano a autora homenaxeada é Xela Arias Castaño, poeta, traductora e profesora en diferentes institutos galegos.

Nestes enlaces podedes consultar a súa biografia e obras.
Ademais de poder xogar e aprender cousas novas.
No noso cole a partir do Luns, 10 de Maio celebraremos esta data traballando arredor da autora  homenaxeada cunha xincana na biblioteca e no espazo biblioxogos.
Cada titor ou  titora dividirá o seu grupo en 5 equipos de 4/5 nenos e nenas.
Na biblioteca habera 3 recunchos de traballo e 2 en biblioxogos polos cales rotarán os diferentes equipos, sinalizados con carteis de cores e o nº correspondente.

Recuncho nº 1 Preguntas da biografia de Xela
Recuncho nº 2  Sopa de letras
Recuncho nº 3 Conto "As bruxas" / Completar a caricatura de Xela Arias
Recuncho nº 4 Marcapáxinas
Recuncho nº 5 Comecocos 


LONDON MUSEUS PROYECT

 Os nenos de 6º de Primaria, despois de ter traballado cos museos 

BRITISH  MUSEUM

SCIENCE MUSEUM

TATE MODERN

MADAME TUSSAUDS

NATIONAL GALLERY

NATURAL HISTORY

Cóntannos o que aprenderon.





luns, 3 de maio de 2021

A VISITA DUN DOS CONTACONTOS DO SALÓN DO LIBRO

 Moitas gracias aos organizadores do  Salón do libro por estos momentos de diversión.

Os nenos de 1º e 2º de Primaria puideron disfrutar  moito desta sesión  sen ter que sair da escola.









RESCATA O TEU PLANETA


A partir da lectura do conto " RECATE PLANETA" aos nenos e nenas de 5º de Infantil quedoulles moi claro que con pequenos gestos todos podemos axudar á conservar a terra.
Aquí vos queda o video co que participaron no apartado " LIBROS PARA SALVAR O PLANETA" das escolas UNESCO do Salón do Libro.
Podedes visitar a páxina e ver outros coles e as suas experiencias no enlace https://www.salondolibro.gal/elementor-4312/