Pataquinha

Pataquinha

domingo, 9 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

 O día 17 de Maio celebramos o día das Letras Galegas

Este ano a autora homenaxeada é Xela Arias Castaño, poeta, traductora e profesora en diferentes institutos galegos.

Nestes enlaces podedes consultar a súa biografia e obras.
Ademais de poder xogar e aprender cousas novas.
No noso cole a partir do Luns, 10 de Maio celebraremos esta data traballando arredor da autora  homenaxeada cunha xincana na biblioteca e no espazo biblioxogos.
Cada titor ou  titora dividirá o seu grupo en 5 equipos de 4/5 nenos e nenas.
Na biblioteca habera 3 recunchos de traballo e 2 en biblioxogos polos cales rotarán os diferentes equipos, sinalizados con carteis de cores e o nº correspondente.

Recuncho nº 1 Preguntas da biografia de Xela
Recuncho nº 2  Sopa de letras
Recuncho nº 3 Conto "As bruxas" / Completar a caricatura de Xela Arias
Recuncho nº 4 Marcapáxinas
Recuncho nº 5 Comecocos 


Ningún comentario:

Publicar un comentario