Pataquinha

Pataquinha

xoves, 11 de febreiro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA 2021

 

Hoxe xoves 11 de Febreiro, é o día internacionalo da muller e da nena na ciencia 2021.

Neste día a Asociación de mulleres investigadoras e tecnólogas fan unha campaña na que intentan fomentar a vocación ciéntifica en nenas e adolescentes para poder así  aumentar a presenza das mulleres ciéntidicas obviadas nos textos escolares.

Pataquiña quere deixarvos neste enlace unha serie de animación  muller na ciencia para tod@s.







venres, 29 de xaneiro de 2021

luns, 25 de xaneiro de 2021

CHEGOU A RADIO A CABANAS !!!

Fai uns días xa que rematamos a instalación de todo o necesario para ter no cole a nosa radio escolar.

Mesa de mezclas, micrófonos, ordenador...







Foi entón,  cando os nen@s de 2º de Primaria, puideron participar nun taller do programa  "Escolas nas ondas"-

Nel aprenderon qué é unha radio, para qué sirve, cómo se fai un guión radiófonico, cómo debemos compartir información ou música, saber escribir para falar e saber falar con boa entoación ...









Pouco a pouco irán pasando todas as clases por aquí e intentaremos ser creativos e pasalo ben.
Ata pronto!!!


 

xoves, 21 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ: 2021

 

Cada 30 de Xaneiro, celebramos o día Escolar da non violencia e da Paz, como homenaxe a Mahatman Gandhi, lider do movemento de independencia da India e pionero da filosofía da non violencia.

Este ano dende as Escolas Asociadas UNESCO, queremos coñecer a Rosa Parks, unha activista e unha das figuras máis importantes do movemento polos dereitos civís dos Estados Unidos.

Un día de 1955, cando viaxaba en autobús , o conductor mandouna que se levantara do seu asiento porque debía ocupalo un branco. Inesperadamente, Rosa dixo que non e con ese xesto mínimo reorientou a historia do seu pais, pois o seu exemplo moveu a comunidade negra a reivindicar os seus dereitos, tantas veces violados.

Esta é a selección de libros para traballar e saber máis.





E como para nos é un día de festa, 

celebrámolo cantando e bailando




domingo, 20 de decembro de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 2020

 Xa están a chegar as vacacións de Nadal.

Tempo no que poderemos descansar, estar coa familia  e ler moito.

Bo Nadal !!!




sábado, 5 de decembro de 2020

DÍA DA DISCAPACIDADE

 O 3 de decembro , celebramos o día da discapacidade e por eso as nenas e nenos de Cabanas quixemos sumarnos á iniciativa #BAIXOOMESMOPARAUGA, para darlle  visibilidade as persoas con discapacidade.






A asociación Juan XXIII compartiu un video en redes e as nenas e nenos de 6º de Infantil despois de velo quixeron tamén facer un para 

enviarlle a eles.

Clicar na imaxe.




"AÍNDA QUE TODOS SOMOS DIFERENTES TEMOS QUE SENTIRNOS E FACER SENTIR A TODAS E TODOS IGUAIS"

ASÍ LOITAMOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 





CLICAR NA IMAXE