Para celebrar o día internacional das persoas con discapacidade , este ano tivemos a sorte de ter a visita dos nen@s do colexio Juan XXIII para facer cos nen@s de 5º de Primaria do noso cole un taller no que todos xuntos decoraron paraugas que simbolizaban o lema dese día TODOS BAIXO UN MESMO PARAUGAS.
Foi unha experiencia moi bonita ver como traballaban en equipo e se axudaban.
Ademais desa actividade tamén fixemos un puzzle xigante coa colaboración de tódalas clases àportando unha peza que falaba de inclusión e de colaboración.
Co fín de evitar a violencia contra as mulleres e nenas o equipo de biblioteca organizamos varias actividades encamiñada a concienciar da importancia de erradicar a violencia de xénero ou calquera outro tipo de violencia.
1- Creamos o recuncho dos contos que abordan esta temática para os distintos niveis.
2- Iniciamos o Club de Lectura para 6º con dous libros 1-Nata y chocolate
2-Nata y chocolate invencibles, para os nenos que xa leron o primeiro.
3- Seleccionamos músicas con esta temática para escoitar o inicio das clases e poder falar despois do que falan.
Malo de Bebe
Lo que Ana ve de Revolver
La puerta violeta de Rozalen
Derechos de los niños UNICEF
4- Os axudantes de biblioteca escolleron un conto da exposición e foron a contarllo aos máis pequenos no tempo de lectura.
3 anos--Nin un biquiño a forza
4 anos--Nin un biquiño a forza
5 anos--Maruxa e Pepiño
1º P.--O segredo de Flora
2º P.--O segredo de flora
3º P.--O Pais dos Mandóns
4º P.-- Arturo y Clementina
5º P.--O libro dos porcos
Ademais fixemos tamén un Mannequin Challenge con algún dos dereitos dos nenos e tamén contra a violencia de xénero.
Todos os nenos e nenas de 6º de Primaria que xa leron NATA Y CHOCOLATE e estén interesados en apuntarse o club de lectura para ler NATA Y CHOCOLATE INVENCIBLES, poden facelo xa. Só tedes que ter ganas de ler e pasar un rato divertido todos xuntos falando das lecturas que nos gustan .
Fai 60 anos, o 20 de Novembro de 1959, 78 paises que formaban a Organización das Nacións Unidas, aprobaron por unanimidade o que hoxe se coñece como declaración dos Dereitos dos Nenos.
Os menores de idade son a riqueza do futuro e os adultos deben preservar a sua integridade e felicidade.
Con este día e con moitas das actividades que se fan queremos recordar que os nen@s teñen dereito a saúde, educación e protección, independentemente do lugar do mundo no que nacen.
Pataquiña quere deixar aquí un enlace dun documento audiovisual para os nenos de infantil e tamen primeiro ciclo de Primaria:"Todos somos iguais"
É un episodio dunha serie de muñecos de guiñol: Os Dereitos dos nenos e as nenas sobre os habitantes de Tamborilandia, elaborado pola televisión mexicana en colaboración coa Universidade Pedagógica Naciona Mejicana.
Neste primeiro episodio o protagonista é un neno diferente, é azul e non ten anteas e por eso din que é raro e non queren estar con el.
Finalmente aparecerá un superhéroe, defensor dos dereitos que lles axuda a resolver o conflicto.
A partir do terceiro curso de Primaria, ¨No discrimines" é tamén un documento que pode servir para despois de ver a historia, falar entre todos do qué quere decir a historia, qué nos ensina , qué pensan ou sinten o vela.
O Concello de Pontevedra está a levar a cabo a campaña Efecto PO2, coa que pretende traer ao primeiro nivel da actualidade local o momento clave de emerxencia climática que vive o planeta.
Por eso hoxe os nenos de 6º de Infantil partindo da impresión en tea de varias ilustracións da artista Susana Suniaga representando tubos de escape, chemineas etc. dibuxaron todo aquilo que lle gustaría aportar para mellorar a cidade e o mundo no que vivimos na loita contra o cambio climatico.
Unha vez rematados, os traballos serán expostos no paseo das Palmeiras no que haberá un acto inaugural a mañá do 27 de novembro.