Pataquinha

Pataquinha

domingo, 17 de novembro de 2019

CAMPAÑA EFECTO PO2

O Concello de Pontevedra está a levar a cabo a campaña Efecto PO2, coa que pretende traer ao primeiro nivel da actualidade local o momento clave de emerxencia climática que vive o planeta.
Por eso hoxe  os nenos de 6º de Infantil partindo da impresión en tea de varias ilustracións da artista Susana Suniaga representando tubos de escape, chemineas etc. dibuxaron todo aquilo que lle gustaría aportar para mellorar a cidade e o mundo no que vivimos na loita contra o cambio climatico.



Unha vez rematados, os traballos  serán expostos  no paseo das Palmeiras no que haberá un acto inaugural a mañá do 27 de novembro.


                                   

Ningún comentario:

Publicar un comentario