Un curso máis quixemos festexar o día do libro cunha das actividades que sempre tivo moito éxito no noso cole: O Apadriñamento Lector. Foi unha xornada moi emotiva na que os nenos e nenas maiores participan con moito agrado. Ademais deso tamén invitamos os nenos a traer da casa unha foto na que podían escoller un dos seus momentos de lectura preferido.
O pasado Venres, os nenos de educación infantil, pasaron un momento divertidisímo con "MIGALLAS TEATRO" da man de Bea e Manuel. Con eles aprenderon contos, rimas, cancións... e por suposto todo en galego.
Os nenos de 6º de Infantil, 3º e 6º de Primaria visitamos o Salón do Libro. A mañá comenzou cun saúdo das monitoras e tamén do noso amigo ORBIL. A continuación visitamos a exposición e asistimos os contacontos e talleres nos que o tema foi a revolución. Este ano os países convidados ao Salón son os de fala portuguesa.
O día 8 de Marzo foi o día da muller. Fixéronse varias actividades: - Rincón de libros con recomendacións para lecturas. - Conversas nas clases sobre o significado dese día. - Elaboración do libro das mulleres revolucionarias. Pero o mellor chegou o día 18 de marzo coa visita ó cole de tres mamás: Pili, inspectora xefa de Policía, Ana, científica da Misión Biolóxica e Antía, veterinaria. Elas viñeron contarnos como a muller pode ser igual que un home e pode ter os mesmos traballos ca eles.
E mirade que público hipnotizado e atento tivemos! Normal, as profes tamén estaban co sorriso posto e aprendendo dunha charla tan proveitosa. Pasámolo en grande!