Pataquinha

Pataquinha

domingo, 8 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

Como xa está a chegar o día das LETRAS GALEGAS , que xa sabedes que este ano se vai adicar a Manuel María , Pataquiña quere deixarvos aquí algunha información que vos axudará a participar no concurso.



Clicar en SEMINARIO GALAN


Dende a última semana de Abril comenzamos a traballar os diferentes poetas do Rexurdimento ademais do autor homenaxeado porque imos facer con carrilanas 
 UNHA CARREIRA DOS POETAS MORTOS.
Cada curso animará a un poeta e son os nenos de 6º os que van elaborar as carrilanas,
1º PRIMARIA- CASTELAO
2º- ROSALÍA
3º- MANUEL MARÍA
4º- CURROS ENRIQUEZ
5- EDUARDO PONDAL
INFANTIL- VALENTÍN LAMAS CARBAJAL
As actividades están programada así:
25 de abril ao 29 -Traballamos o poeta asignado  e colocamos o seu nome nun espazo determinado para cada un deles no lugar do mural feito para o día das Letras Galegas
2 de Maio ao 6-Situamos unha cara plastificada do Autor e un monumento emblemático da súa cidade en tamaño A5, nun mapa de Galicia.
9 de Maio ao 13-Cada clase aporta material escrito creado polos nenos : poemas, caricaturas , encrucillados...
16 de maio ao 19- Dous nenos de cada clase farán unha visita polas  outras clases  contándolles as curiosidades sobre o autor traballado durante o tempo lector.

ÁNIMO A TODOS QUE A  CARREIRA DAS CARRILANAS SERÁ TODO UN ÉXITO E NON VOS ESQUEZADES DE PARTICIPAR NO CONCURSO



venres, 6 de maio de 2016

CONCURSO LETRA GALEGAS. PRESENTACIÓN


OLA DE NOVO, AMIGOS

 SON   PATAQUIÑA, E QUERIA DESCUBRIR CON  VOS , INFORMACIÓN SOBRE O AUTOR AO QUE  ADICAMOS O DÍA DAS LETRAS
GALEGAS ESTE ANO  

 MANUEL MARIA

PROPOÑEMOS QUE PARTICIPEDES NUN NOVO CONSURSO  E   ESTAS SON AS NORMAS:

· DURANTE O MARTES, MÉRCORES E XOVES DA PRÓXIMA SEMANA IREIVOS FACENDO PREGUNTAS  SOBRE O AUTOR, QUE VOS, DEBEREDES DESCUBRIR.
· PARA COÑECER AS PREGUNTAS, TENDES QUE ENTRAR NO BLOGUE DA BIBLIOTECA , QUE COMO XA SABEDES CHÁMASE “ALCOUBEBIBLIOTECA”.
· CANDO TEÑADES AS TRES RESPOSTAS ESCRIBIDELAS NUNHA TARXETA QUE TEREDES Á ENTRADA DA BIBLIOTECA E METÉDELA NO BUZÓN QUE  HAI  AO LADO.
· O VENRES  DIA 20, NO RECREO SORTEAREMOS UN AGASALLO ENTRE OS PARTICIPANTES QUE RESPONDAN CORRECTAMENTE AS TRES PREGUNTAS.

  ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

UN SAÚDO  DO VOSO AMIGO

                                     PATAQUIÑA
  





xoves, 28 de abril de 2016

23 DE ABRIL: APADRIÑAMENTO LECTOR

O Venres, 22 de Abril, celebramos o día do libro.
Os nenos estaban agardando con impaciencia eso de ser padriños e madriñas lectoras.
Os nenos lectores foron os de 3º, 4º, 5º e 6 de Primaria.
Cada un deles recolleu o seu neno nas clases e levouno o lugar escollido para leer.
Puideron utilizar recursos variados. Sobre todo no caso dos máis pequenos os padriños recurriron a títere, cochiños, coxíns...
Todos quixeron facelo o mellor posible e o final resultou ser unha actividade moi agradable para profes e nenos.
Esperamos poder repetila moitas veces.

mércores, 20 de abril de 2016

DEREITOS DOS NENOS A ESCOITAR CONTOS

Todos os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria están a preparar para o Venres un conto porque imos celebrar o día 23 de abril, día do libro, contando contos os máis pequenos.
Mirade e escoitade atentamente este decálogo dos dereitos dos nenos a escoitar contos.

martes, 19 de abril de 2016

FACEMOS UNHA BANDA SONORA

Os nenos e nenas de 5º curso fixeron unha banda sonora seguindo os movementos de Chaplin nesta peza curta chamada "The lion´s cage".
Traballaron os intervalos de 3ª ascendentes e descendentes, a intensidade, a dirección orquestal e o golpe conxunto, con intencións expresivas, empregando a intuición, a atención e a creatividade.

domingo, 10 de abril de 2016

SALON DO LIBRO

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO


Moi pronto vai ser o Día do libro e por eso  como todos sabemos que a lectura nos invita a imaxinar debemos ir pensando unha lectura que nos guste para preparar a actividade que imos facer ese día.

                                El día del libro.