Como xa está a chegar o día das LETRAS GALEGAS , que xa sabedes que este ano se vai adicar a Manuel María , Pataquiña quere deixarvos aquí algunha información que vos axudará a participar no concurso.
Clicar en SEMINARIO GALAN
Dende a última semana de Abril comenzamos a traballar os diferentes poetas do Rexurdimento ademais do autor homenaxeado porque imos facer con carrilanas
UNHA CARREIRA DOS POETAS MORTOS.
Cada curso animará a un poeta e son os nenos de 6º os que van elaborar as carrilanas,
1º PRIMARIA- CASTELAO
2º- ROSALÍA
3º- MANUEL MARÍA
4º- CURROS ENRIQUEZ
5- EDUARDO PONDAL
INFANTIL- VALENTÍN LAMAS CARBAJAL
As actividades están programada así:
25 de abril ao 29 -Traballamos o poeta asignado e colocamos o seu nome nun espazo determinado para cada un deles no lugar do mural feito para o día das Letras Galegas
2 de Maio ao 6-Situamos unha cara plastificada do Autor e un monumento emblemático da súa cidade en tamaño A5, nun mapa de Galicia.
9 de Maio ao 13-Cada clase aporta material escrito creado polos nenos : poemas, caricaturas , encrucillados...
16 de maio ao 19- Dous nenos de cada clase farán unha visita polas outras clases contándolles as curiosidades sobre o autor traballado durante o tempo lector.
ÁNIMO A TODOS QUE A CARREIRA DAS CARRILANAS SERÁ TODO UN ÉXITO E NON VOS ESQUEZADES DE PARTICIPAR NO CONCURSO
Ningún comentario:
Publicar un comentario