Pataquinha

Pataquinha

mércores, 1 de maio de 2013

CONTOS DOS NENOS



Pataquiña convidouvos a escribir un conto para celebrar o día do libro e por eso quere darvos as grazas polo traballo empregado. Non soio lle están gustando moito,  senon que ademais é pataquiña o protagonista dalgúns destes contos. 
O equipo de biblioteca quere comunicarvos a tódolos nenos que xa están chegando a biblio moitos escritos,  e que os estamos a ler moi atentamente .
Nos vindeiros días farase unha exposición con todos eles e despois , poremos no blog os máis valorados.
Esperamos que vos gusten tanto coma a nós.
Mentras tanto mirade nestas fotos algunhas das vosas producións.








martes, 30 de abril de 2013

ENSAIANDO OS MAIOS

Os nenos de 6º de primaria levan xa uns días preparando co profe Miguel as coplas dos Maios.
Como todos os  anos o  intentan facer  o mellor posible,  pero sabemos que é difícil porque hai moita competencia.
O importante é pasalo ben e disfrutar do momento , e con ese pensamento iremos todos o Mércores a Ferrería.
Este é o noso Maio Viaxeiro. Xa case o temos listo e preparado
 para cantar. Vémonos...
Pero non soio temos que cantar , tamén hai que elaboralo e para eso contamos coa colaboración dos papás,  e especialmente de Domingo e de Aquilino    que viñeron o cole a explicarlle os nenos todo o proceso de elaboración.

                                    

domingo, 28 de abril de 2013

PREPARANDO AS LETRAS GALEGAS


O Vindeiro 17 de Maio celebraremos o día das letras galegas. Este ano adicado a Roberto Vidal Bolaño.
Roberto Vidal Bolaño é un dos promotores  do teatro profesional en Galicia. Foi un activo defensor da normalización linguística na escena galega. Integrante do Grupo Abrente, participou na fundación de varios grupos de teatro, participando neles como autor, director, actor escenógrafo... sendo recoñecido o seu labor con numerosos premios literarios.



 Dende o CPI DICES-ROIS ( A CORUÑA), remítennos un telexornal para coñecer mellor ó autor homenaxeado que podedes ver aquí


venres, 26 de abril de 2013

O CARTAFOL DO LÉREZ

Este ano os nenos de 5º e 6º de Primaria volven a participar na cuarta edición da campaña de animación á lectura e á escrita creativa
 "O Cartafol do Lérez". Os seus traballos publicaranse nun xornal escolar impreso de 12 páxinas e na web:
http://www.ocartafoldolerez.org
O conto traballado por estes nenos foi:   "O rei Oso branco"

O RAP DO LIBRO

Escoitade atentamente esta canción e animarvos  a ler.





martes, 23 de abril de 2013

23 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO


Este Día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a el, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio de edición, as librarias, as bibliotecas e as escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo.
A narradora, actriz e directora teatral Paula Carballeira, agasalla as bibliotecas Escolares cun texto que quere motivar ás lectoras e lectores titulado "So un libro"

Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
A ver se así reacciona.
Non.
Que vai reaccionar!
Espera.
O libro espera.
Non se decata de que son máis forte ca el.
Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
Se cadra estase rindo de min.
Crerase moi importante por ser un libro.
Vouno abrir.
Teño curiosidade por saber que escribiron dentro del para que teña eses
aires de superioridade.
Vaia!
Non está nada mal.
Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento.
Era xusto o que eu quería.
Un libro.








E agora un video :
ROBERTO E OS LIBROS, un conto moi divertido animado para celebrar o día do libro.Un conto que fomenta a lectura e a imaxinación dos nenos.





venres, 22 de marzo de 2013

DIA MUNDIAL DA POESÍA


O día 21 de Marzo é o DÍA DA POESÍA. 
A UNESCO proclamou este día querendo homenaxear ás persoas que, só coa palabra como ferramenta intentan mellorar o mundo.
O  22  de Marzo é  o DÍA INTERNACIONAL DA AUGA. Anualmente, neste día, o que se quere é chamar a atención sobre a importancia da auga doce e a necesidade de reivindicar unha xestión sustentable deste recurso.
Por eso no noso cole decidimos lembrar poesías que estivesen relacionadas coa auga en honor ás dúas celebracións y este é o resultado desta proposta:
Nubes e árbores cheos de gotas con poesías.



.

 Aquí deixamos algúns recursos para saber máis de poesía.( Premer )
Orella pendella (literatura oral para nenos e nenas)
Son de poetas (antoloxia de poesía galega musicada) 
Portal de poesía