O Vindeiro 17 de Maio celebraremos o día das letras galegas. Este ano adicado a Roberto Vidal Bolaño.
Roberto Vidal Bolaño é un dos promotores do teatro profesional en Galicia. Foi un activo defensor da normalización linguística na escena galega. Integrante do Grupo Abrente, participou na fundación de varios grupos de teatro, participando neles como autor, director, actor escenógrafo... sendo recoñecido o seu labor con numerosos premios literarios.
Dende o CPI DICES-ROIS ( A CORUÑA), remítennos un telexornal para coñecer mellor ó autor homenaxeado que podedes ver aquí
Este ano os nenos de 5º e 6º de Primaria volven a participar na cuarta edición da campaña de animación á lectura e á escrita creativa "O Cartafol do Lérez". Os seus traballos publicaranse nun xornal escolar impreso de 12 páxinas e na web: http://www.ocartafoldolerez.org
O conto traballado por estes nenos foi: "O rei Oso branco"
Este Día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a el, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio de edición, as librarias, as bibliotecas e as escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo.
A narradora, actriz e directora teatral Paula Carballeira, agasalla as bibliotecas Escolares cun texto que quere motivar ás lectoras e lectores titulado "So un libro"
Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
A ver se así reacciona.
Non.
Que vai reaccionar!
Espera.
O libro espera.
Non se decata de que son máis forte ca el.
Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
Se cadra estase rindo de min.
Crerase moi importante por ser un libro.
Vouno abrir.
Teño curiosidade por saber que escribiron dentro del para que teña eses
aires de superioridade.
Vaia!
Non está nada mal.
Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento.
Era xusto o que eu quería.
Un libro.
E agora un video :
ROBERTO E OS LIBROS, un conto moi divertido animado para celebrar o día do libro.Un conto que fomenta a lectura e a imaxinación dos nenos.
A UNESCO proclamou este día querendo homenaxear ás persoas que, só coa
palabra como ferramenta intentan mellorar o mundo.
O 22 de
Marzo é o DÍA INTERNACIONAL DA AUGA.
Anualmente, neste día, o que se quere é chamar a atención sobre a importancia da
auga doce e a necesidade de reivindicar unha xestión sustentable deste recurso.
Por eso no noso cole decidimos lembrar poesías que estivesen relacionadas coa auga en honor ás dúas celebracións y este é o resultado desta proposta:
Nubes e árbores cheos de gotas con poesías.
.
Aquí deixamos algúns recursos para saber máis de poesía.( Premer )
Todos recordades que fai algunn tempo concedéronnos algúns cartos co proxecto de Mellora de Bibliotecas para invertir no curso actual en ordenadores, mobiliario, libros...
Pois ben, estes son algúns dos moitos libros que xa catalogamos na biblioteca e que poderedes levar as vosas casas ou ser lidos na mesma biblioteca cando desexedes.
Pataquiña espera que sexan do voso agrado e que disfrutedes coa lectura.
Pataquiña tamén quere dar as gracias a ANPA do colexio e a banda de música de Salcedo pola súa colaboración na merca de dous novos ordenadores para a nosa biblioteca.
Ademais presentámosvos as novas encargadas da biblioteca.Son as nenas que quixeron comprometerse nesta actividade. Elas non soio ordenan os libros ou axudan os seus compañeiros, senon que ademais están sempre moi atentas a calquera das necesidades que van xurdindo. O equipo de biblioteca está moi agradecido do seu traballo. Moitas grazas
Este curso etivemos
traballando a obra do pintor Rafael Ubeda. Rafael Ubeda é un pintor
pontevedrés moi recoñecido e que ademais foio que pintou o mural que está na
entrada do noso cole. Chámase“Creatividade e fantasia”. O punto de
intererese desta pintura está nun neno que crea e compón. O resto do mural
pertence á fantasía, un neno músico.
Todolos cursos, dende 3 anos ata 6º de primaria, elaboramos un calendario para o ano 2013 no que cada mes está ilustrado cun dos seus
cadros e algún tamén coa sua biografia e
aficións.