Rosalía de Castro naceu tal día coma hoxe (24 de febreiro de 1837) en Santiago de Compostela, e morreu en Padrón en 1885. Coa súa obra poética, Rosalía de Castro converteuse no símbolo do Rexurdimento da lírica galega, ademais da mellor representante en lingua castelá da poesía romántica tardía, xunto con Gustavo Adolfo Bécquer.
O VINDEIRO, 24 DE FEBREIRO SERÁ O DÍA DE
ROSALÍA DE CASTRO. Este ano 2013 é o 150 aniversario da
publicación do seu
libro "CantaresGallegos" (1863-2013), por iso Pataquiñas quere que escoitedes alguna
destas músicas con
poemas de Rosalia , como por exemplo “Adiós
ríos, adiós fontes”.
Adiós ríos; adiós, fontes;
/ adiós, regatos pequenos; / adiós vista dos meus ollos: / non sei cando nos
veremos. / Miña terra, miña terra, / terra onde me eu criei, / hortiña que
quero tanto, / figueiriñas que prantei, / prados, ríos, arboredas, / pinares
que move o vento, / paxariños piadores, / casiña do meu contento, / muíño dos
castañares, / noites craras de luar, / campaniñas trimbadoras / da igrexiña do
lugar, / amoriñas das silveiras / que eu lle daba ó meu amor, / caminiños entre
o millo, / adiós, para sempre adiós! / Adiós groria! Adiós contento! / Deixo a
casa onde nacín, / deixo a aldea que conozo / por un mundo que non vin! / Deixo
amigos por estraños, / deixo a veiga polo mar, / deixo, en fin, canto ben
quero... / Quen puidera non o deixar!...
Ningún comentario:
Publicar un comentario