Pataquinha

Pataquinha

xoves, 25 de abril de 2024

APADRIÑAMENTO LECTOR

 Ao longo desta semana, para conmemorar o día do libro, realizáronse varias actividades , entre elas a do apadriñamento lector do alumnado de 3º a 6º para os nenos e nenas de infantil e 1º de Primaria.

Os padriños e madriñas recolleron os seus afillados nas clases para despois levalos ao patio e contar o conto escollido.

Ademais moitos padriños e madriñas obsequiaron aos seus afillados cun pequeno regaliño feito por eles.





















Ningún comentario:

Publicar un comentario