Por fín o Venres, día 2 de Xuño rematamos o noso P:D. I.
"INVESTIGUEMOS E EXPERIMENTEMOS" cunha Feira da Ciencia.
Foi unha feira na que todoxs os nenxs puideron disfrutar facendo ciencia, experimentando e poñendo a proba o método ciéntifico.
O noso Pataquiña ciéntifico está moi contento de poder ver como todolos nenxs dende os máis pequenos ata os máis grandes e tamén mestrxs pasaron unha mañá divertida e ademais moi emocionante.
Fixéronse 11 experimentos que estiveron repartidos por diferentes espazos do colexio.
-INFANTIL 3 ANOS: NUBE NUNHA BOTELLA
-INFANTIL 4 ANOS: DIBUXO MÁXICO
-INFANTIL 5 ANOS: O PAPEL QUE NON SE MOLLA
-1º DE PRIMARIA: PRINGUE DE MAICENA
-2º DE PRIMARIA: O SON
-3º A DE PRIMARIA: ARCO DA VELLA NUN VASO
-3º B DE PRIMARIA: UN OVO NA BOTELLA
-4º DE PRIMARIA: NAVE A PROPULSIÓN
-5º A DE PRIMARIA: PLUVIÓMETRO
-5º B DE PRIMARIA: ANEMÓMETRO E VELETA
-6º DE PRIMARIA: SERPE SALTARINA
Cada neno ou nena tivo que formar parte dun equipo no que tiña que facer e contar como era o seu experimento, pero ademais puido aprender doutros equipos que preparaban experimentos diferentes os deles.
Grazas a todos.
NON É MAXIA , É CIENCIA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario