Este ano as Escolas Galegas da rede Unesco decidiron celebrar o "Día da Paz" dándolle relevancia ao deporte e así de paso tamén celebrar o éxito de varias mulleres olímpicas e paralímpicas galegas.
Polo que estos días nas nosas aulas o alumnado falou dos valores que se conseguen a través do deporte, entendendo que o deporte contribue ao desenvolvemento da paz promovendo tolerancia e respeto e que respalda tamén o empoderamento das mulleres e a inclusión.
Aproveitamos tamén para traballar os obxectivos de desenvolvemento sostible que estaban relacionados co tema "Deporte e paz", asi como coñecer un pouquiño da vida dalgunhas das mulleres deportistas importantes deste momento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario