Achégase o día das letras galegas, e para ir coñecendo un pouquiño da vida da homenaxeada , os nenos de infantil e tamén de primaria, asistiron a un contacontos ofrecido por "Polo correo do vento". Con eles aprenderon algunhas cousas da vida de Mª Victoria Moreno e foron capaces de facer unha caricatura coa sua axuda. Grazas a Quique e Carlos por este momentiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario