Esta semana fixemos unha saída ben especial! Visitamos a emisora de Onda Cero de Pontevedra.
Foi especial porque coñecemos de primeira man como se fai un programa de radio e algúns convertímonos por uns momentos en locutores, mentres o resto observaba dende a cabina de control todo o proceso de grabación. Toda unha experiencia!
A visita foi o remate do traballo previo realizado na clase. Antes, eleximos os temas dos que falaríamos, buscamos información, elaboramos borradores (canto esforzo para que todo cadrase ben!), traballamos a vocalización e a expresividade… Pero ao final, todo un éxito.
Se queredes escoitarnos, Onda Cero emitirá do 25 ao 29 de decembro, entre as 11:50h. e as 12:00h. as nosas intervencións.
Esperamos que vos gusten!
Ningún comentario:
Publicar un comentario