O pasado Martes , 14 de Febreiro, por fín os nenos de Infantil presentaron a película "Charlot e Violeta".
Uns días antes estiveron ensaiando a presentación e despois de ter todo preparado decidiron a programación.
Primeiro ver o trailer e despois a película.
Os presentadores foron David e Alex.
Eles encargáronse de contar a todos quén era Charles chaplin e qué foi o que fixemos.
As familias estiveron todas moi atentas .
Polos aplausos , parece que a todos lles gustou moito , pero ademais tamén houbo sorpresas para os nenos que non esperaban recibir un Oscar como o de Charlot.
Os nenos subiron o escenario a recoller o seu Oscar e como premio tiveron tamén unha chea de aplausos.
Todos quedamos moi contentos: pais, nenos e profes.
E agora estamos a esperar o estreo cos nosos compañeiros do cole.
Ningún comentario:
Publicar un comentario