O día 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.
Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.
Por outra banda, tamén celebramos nesta xornada o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz. Este foi fundado en 1964 polo Inspector de Ensino Lorenzo Vidal. É definida como unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar aos educandos polo medio da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que "o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra.
Cada ano conmemoramos este día adicandollo a unha persoa que coa sua labor colaborou para conseguir un mundo mellor.
VER VIDEO PREMER AQUÍ
Ningún comentario:
Publicar un comentario