Pataquinha

Pataquinha

xoves, 29 de outubro de 2020

SAMAÍN

 Chega o Samaín , e ainda que non o imos celebrar da misma maneira ca outros anos, nada nos vai impedir divertirnos co medo.

Sempre celebramos un concurso de cabazas que xa é un clásico e nesta ocasión non vai poder ser pero este Venres imos disfrazarnos e cantar, xogar e disfrutar de moitas das actividades organizadas nas aulas.

Xa estamos a decorar portas, preparar disfrazes, contar contos de bruxas, vampiros, monstruos...

E mañán seguireivos contando.

















domingo, 4 de outubro de 2020

MAFALDA


 Morreu Quino, o debuxante e creador de MAFALDA.

Mafalda é a nena protagonista dunhas historias publicadas entre 1964 e 1973.

En 2014, cando MAFALDA   cumpriu 50 anos, Quino recibiu o premio Principe de Asturias. 

Premer aquí para ir á  biblioteca MAFALDA

Pinchando nos libros dos estantes podes ler o que máis che guste.




xoves, 1 de outubro de 2020

PROTOCOLO BIBLIOTECA 2020-21

 Chegou o momento de voltar!!!



O equipo de biblioteca está a preparar todo o necesario para que pataquiña poida estar con vos e a biblioteca poida funcionar.

Este ano será algo diferente, pero non podemos deixar de ler e de recivir as vosas visitas.

Este vai ser o protocolo de biblioteca para o noso centro.

1- A biblioteca permanecerá pechada nos tempos de recreo mentras se manteñan as medidas do protocolo Covid 19 e ata novo aviso.

2-Realizaranse prétamos semanais de forma habitual co tutor, establecendo un horario para cada aula.

3-Non se poderán utilizar os xogos con pezas pequenas nin xogos de mesa

4- Desinfectaremos o posto de traballo ao entrar e ao sair.



5- Ventilaremos tras cada sesión.

6-Teremos que levar sempre a mascarilla posta.


7-Desinfectar as máns antes e despois de entar na biblioteca.



8-Respetar a distancia de seguridade



9-Aforo máximo de 14 persoas.

10- O material devolto permanecerá 1 día de corentena nas caixas.



11- Priorizaremos as bibliotecas de aula, dotando estas de fondos que poderán rotar  coa correspondente corentena e desinfección.


XEOGRAFIAS LECTORAS




 Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2020/2021. O lema elixido, XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR, quere  poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa. 

Cada libro que o alumnado ten a oportunidade de ler é unha ocasión para ampliar a súa imaxinación e aumentar os seus coñecementos, de aí a importancia da selección de lecturas que se pon ao seu alcance. A ilustradora encargada este ano de interpretar o lema elixido foi Bea Lema, quen nos ofrece unha imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír.

Aquí vos queda o video de cómo o  fixo Bea Lema.


xoves, 23 de xullo de 2020

GRADUACIÓN 6º

Despois deste curso tan raro e inusual, porfin poidemos xuntarnos para despedirnos do alumnado de 6º de Primaria.
Eso sí, con mascara e gardando as distancias pero  moi contentos de vernos.
Nestas circunstancias as familias non poidestes asistir, pero queremos que vexades os guapos e guapas que estaban todos e todas.


Bo verán a todos e todas.
Os nosos mellores desexos para esta promoción que se nos vai do centro.
SODES ESTUPENDOS!!!!

xoves, 18 de xuño de 2020

CARTA DE PATAQUIÑA








Ola a todos!!!
Canto tempo levamos xa xuntos !!!
Este foi un curso moi complicado de levar por mor do COVID 19.
A partir do 14 de Marzo xa non puidemos volver ao cole e ademais a despedida foi un pouco extraña e precipitada.
Moitos días sin poder compartir, xogar, vernos, abrazarnos ou estar xuntos.
Días de dudas e de moito traballar dun modo diferente.
Moitas grazas por estar ahí, nas vosas casas, aceptando retos, xogando cos geniallys, enviando videos e fotos e participando con ilusión.
Oxalá o vindeiro curso sexa máis normal e volvamos aos xogos de patio, aos abrazos, as risas xuntos, as lecturas na biblioteca...
Entre todos resistiremos o que esté por chegar, pero espero que o que veña sexa todo bo e mellor.
Moitas grazas e mentras tanto non vos esquezades de que quedo cuidando a biblioteca.
Cando regresedes ao cole aquí estarei esperando por vos e coma sempre lendo moito.
Moitos bicos e boas lecturas.
PATAQUIÑA.

martes, 16 de xuño de 2020