Pataquinha

Pataquinha

martes, 5 de xuño de 2018

DOCUMENTAL DAS 7 MARABILLAS

Presentámosvos o documental feito por todos os nenos e nenas do cole sobre as 7 marabillas do mundo moderno, despois de facer un exhaustivo traballo de investigación durante o segundo e terceiro trimestre. 

Grazas Pataquiña pola túa colaboración, disfrutamos moito facéndoo. Agardamos que vos guste tanto como a nós facelo.

 

luns, 4 de xuño de 2018

GUÍA DE LECTURA DE VERÁN



Ainda falta un pouquiño para que chegue o verán, pero aquí vos quedan algunhas recomendacións para pasar un tempo divertido na compañia dos libros.




domingo, 3 de xuño de 2018

RECÍCLATE CON SOGAMA

Durante este curso estivemos a traballar un proxecto de centro sobre reciclaxe.
Para a sua elaboración, ademais da información que recibiron os nen@s por parte de SOGAMA, tamén fixeron outras cousas como:
-Colocación das "illas " de reciclaxe.
-Reutilización dos diversos materiais de refugallo.
-Esperimentos.
-Aprender a clasificar o lixo
-Xogar.

-Investigar sobre plásticos.
-Difusión da información  que aprendimos entre alumnos .
-Exposición no cole de todo o que aprendimos e dos materiasis elaborados polos nen@s, pais e nais.



















O ALUMNADO DE 5º FIXO UN TRABALLO SOBRE OS PLÁSTICOS QUE PODEDES VER AQUI


CLUB DE LECTURA

Estes son os nenos de 5º e 6º de Primaria que están a participar no club de lectura da bibioteca.
Este curso o equipo de biblioteca decidiu facer tres grupos de 5ºde 5º de primaria  e tres grupos de 6º de primaria.
As lecturas están sendo as seguintes:
5º P.  - LOS PROTECTORES
         - AS BRUXAS
         - BILLY ELLIOT


6º P. -PALABRAS DE CARAMELO
        - NATA Y CHOCOLATE INVENCIBLES
        - GRACIAS A WINN-DIXIE




xoves, 17 de maio de 2018

BAILANDO AO RITMO DA MUÑEIRA

Onte, 16 de Maio , celebramos no cole o día das Letras Galegas.
Foi un día moi divertido cheo de emocións.
Ademais de coñecer quen eran os dous gañadores do concurso de Mª Victoria Moreno



BLANCA 5º DE PRIMARIA

MARIA 2º DE PRIMARIA

Raquel, a profe de música, organizou o baile da muñeira.











Tamén puidemos escoitar grazas o"músicos do noso cole " o himno galego. 




EXPOSICIÓN DA MALETA "ESPECIAL FAMILIAS", E DE LIBROS EN BRAILLE

Dende fai uns días temos exposto na biblioteca os libros da maleta "ESPECIAL FAMILIAS".
E tamén uns libros en braille do centro de recursos educativos de Galicia do colexio SANTIAGO APOSTOL.
O braille é un sistema de comunicación por puntos de maneira ou superficie con releve, utilizado polas persoas con discapacidade visual.
O motivo desta segunda exposición foi porque os nenos de 5º de Primaria en honor o primeiro marido, cego,  de Mª Victoria Moreno quixeron transcribir un poema en braille.









ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN