Pataquinha

Pataquinha

mércores, 14 de febreiro de 2018

ENTROIDO 2018: ENCONTRO DAS 7 MARABILLAS DO MUNDO MODERNO


O pasado venres 9 de febreiro festexamos o Entroido no CEIP Cabanas, e este ano dun xeito moi especial, cun encontro dos personaxes e protagonistas das 7 marabillas do mundo moderno: as chinas e chinos da Gran Muralla, os romanos e romanas do Coliseo de Roma, os peruanos e peruanas de Machu Picchu en Cuzco, os exploradores e exploradoras de Petra en Xordania, os mexicanos e mexicanas de Chichen Itzá, os indios e indias do Taj Mahal e os brasileiros e brasileiras do Cristo Redentor.

Foi unha xuntanza do máis emocionante, con desfile e baile de cada nivel, moita música e bo humor. Neste vídeo podedes ver un resumo do que foi esta festa de entroido na Casa Verde, moi pretiño do cole.



Tamén fixemos algunhas fotografías, podedes velas nas seguintes animacións.


 Se querdes velas unha por unha e descargalas, podedes facelo no seguinte enlace.

Ata a próxima familias!

domingo, 4 de febreiro de 2018

DÍA DA PAZ 2018

O día 31 de xaneiro celebramos no Ceip de Cabanas o "DÍA ESCOLAR POLA PAZ"


Este ano estivo adicado a Gloria Fuertes. Elaboramos un mural sobre ela  que nos quedou precioso.


O alumnado de 6º A ofreceunos un teatro de sombras con algúns contos da autora e outros  cursos recitaron os seus poemas infantís.






Para rematar saímos o patio e balilamos todos xuntos a coreografía que a profe Raquel preparou coa canción de Mika "Live your life"



ESTAMOS AQUÍ: AS SETE MARABILLAS DO MUNDO MODERNO

Este ano Pataquiña convidounos a viaxar polo mundo para coñecer "AS 7 MARABILLAS DO MUNDO MODERNO"  e xa estamos en pleno viaxe.
Queredes ver o ben que o pasamos descubrindo estes estupendos monumentos?







































domingo, 31 de decembro de 2017

BENVIDO, 2018! festa de fín de ano 2017

Queremos despedir o 2017 e dar a benvida ao aninovo con este vídeo da festa de fin de ano que fixemos en Cabanas o último día de clase antes das vacacións de Nadal. Como podedes ver, escoitamos as 12 badaladas, carillón incluído. En lugar de uvas, escollemos un petisco máis doce, a ver se adiviñades cal!

Os nenos e nenas viñeron moi elegantes para festexar que chega un novo ano cheíño de sorpresas, e botaron uns bailes con moito ritmo e todas as ganas. Primeiro celebramos a festa de Educación Infantil, no piso de abaixo, e despois do recreo a festa da rapazada de Educación Primaria, no piso de arriba. Pasámolo xenial, e para mostra, aí vai este audiovisual.




Ata o vindeiro ano, vémonos moi pronto. Descansade para coller o 2018 con enerxía.

martes, 26 de decembro de 2017

CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS

Os nenos de 4º de Primaria interpretaron para os nenos de infantil a obra de teatro "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis"
Fixeron dous equipos e repartiron as actuacións para os nenos de infantil e os de primeiro ciclo de primaria.









domingo, 24 de decembro de 2017

FESTIVAL MUSICAL DE NADAL 2017

Boas festas a todas e a todos! 

Desexámosvos unha feliz noiteboa con este vídeo do que foi o Festival Musical de Nadal 2017 en Cabanas este ano, con actuacións musicais de todos os niveis coordinadas pola profe Raquel. Participaron desde Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria, foi un éxito! Agardamos o desfrutedes tanto coma nós en directo.

Felices festas familias, despedímonos ata a próxima con este agarimo musical.