Pataquinha

Pataquinha

mércores, 19 de outubro de 2016

QUE FAI PATAQUIÑA?

O curso pasado Pataquiña, a nosa mascota, foi un explorador , estivo a descubrir paises e quixo coñecer animais do mundo.
Pero...este curso  a biblioteca é o "Territorio das artes" e aínda non sabemos o que quere facer.
Onte apareceu vestido así  na entrada do cole cunha pregunta  e todos os nenos estamos moi intrigados porque queremos saber por qué.



ESTAREMOS ATENTOS

luns, 10 de outubro de 2016

BENVIDOS O NOVO CURSO ESCOLAR

Durante estes días de inicio de curso o equipo de biblioteca estivemos ordenando a biblio , facendo os carnés  novos, formando os usuarios que xa sabían e especialmente os nenos de 1º de Primaria,  que ainda que xa fixeron o préstamo en Infantil, agora síntense maiores por estar en Primaria.
Ademais explicouselle os novos profes o autoempréstito para facer cos seus nenos.
Neste momento todos os alumnos están preparados para facer uso da biblioiteca 
BOAS LECTURAS!!!








luns, 12 de setembro de 2016

BIBLIOTECA ESCOLAR , CURSO 2016-17 TERRITORIO DAS ARTES



Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse  e apreciar os productos artísticos, pero sobre todo a experimentar o pracer de expresarse a traves da música, a pintura, a arquitectura, a danza,  o teatro, a literatura, a escultura e  as artes visuais

martes, 21 de xuño de 2016

ENTREGA PREMIO CONCURSO LETRAS GALEGAS

Aproveitando a celebración do festival para nenos fixemos o sorteo do concurso Letras Galegas e esta foi a nena gañadora.
Sara de 1º de Primaria


DOBRAXE NA AULA CON 6ºA: BUSCANDO A DORY

Aquí vos deixamos un traballo realizado polos alumnos e alumnas de 6ºA no que fixemos unha dobraxe dun corto de animación da última película de Pixar "buscando a Dory". Ademáis gravamos efectos sonoros e buscamos na rede moitos máis elementos que lle dan vida a Banda Sonora Orixinal que fixemos para este proxecto.

sábado, 18 de xuño de 2016

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O VERÁN

Pataquiñas quere recomendarvos estas lecturas para verán.

                                          

                                      







VISITA DO CONTACONTOS MIGUEL ANGEL ALONSO

Este venres , 17 de Xuño tivemos a sorte de que nos visitase o escritor Miguel Angel Alonso Diz   e nos contase o  contos : O soño de Esther e o Valente coelliño que quixo soñar.