Pataquinha

Pataquinha

domingo, 13 de setembro de 2015

BIBLIOTECA ESCOLAR CURSO 2015-16

             OLA A TODOS E TODAS

"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elexido por bibliotecas escolares para o curso 2015-16.
Pataquiña desexa que todos vos animedes a explorar e coñecer o mundo que nos rodea.
Esperámosvos na  biblioteca do cole 

sábado, 20 de xuño de 2015

FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2015

Video coas actuacións do festival deste ano.
Aquelas persoas que estedes interesadas podedes conseguir unha copia de maior calidade da película na biblioteca do colexio. Non esquezades traer un DVD gravable ou un lapis de memoria.


martes, 9 de xuño de 2015

PRINCIPIÑAS E PRINCIPESOS

O noso cole foi un dos que participou durante este curso no

Programa de prevención da violencia de xénero engadido dentro do Proxecto nAmorAndo, feito posible grazas ó apoio e a financiación da Concellería de Asuntos Socias e Iguadade do Concello de Pontevedra e levado a cabo pola psicóloga JONE OJEDA.
Encantados quedamos coa experiencia e co resultado final, un video precioso que nos fai reflexionar a todos e todas.



Se queredes disfrutar  del clicade aquí.
Esperamos que vos guste moito.

mércores, 27 de maio de 2015

DÍA DA CIENCIA

Onte día 26 de Maio festexamos o "día da ciencia".
Todos os experimentos xiraron arredor da LUZ, e grazas os nosos "cientificos locos" experimentmos con:
1. Cascada de luz 
2. Os corpos e a luz
3. Periscopio
4.As sombras
5.Caleidoscopio
6.Lente aumento peceira


experimentos - Kizoa Movie Maker

martes, 19 de maio de 2015

HOMENAXE A XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

Estes son algúns dos traballos que elaboraron os nenos do noso cole.
Encrucillados, puzzles, laberintos...
¡Mirade canto traballaron!









martes, 12 de maio de 2015