Pataquinha

Pataquinha

xoves, 27 de febreiro de 2014

CHEGOU A RADIO A BIBLIOTECA

A vindeira semá imos sair en antena contando as nosas cousiñas: O proxecto de Kenia, a canción "Jambo Kenia" , a celebración da Paz en honor a Mandela, a canción de" Amiguiños todos", o conto da vida de thaikovky,  porque a radio ONDA CERO veu o cole para grabarnos. ¡Foi unha experiencia moi divertida! 
Estade todos atentos a partir do vindeiro Luns a partir das 11:50 da mañá e durante  duas  semás, se queredes escoitarnos.








xoves, 13 de febreiro de 2014

CHEGA O AMOR!!!

Mañá 14 de febreiro celebramos o día do amor.
O amor os pais, os irmáns, a familia, as plantas, os animais, os libros...
Pataquiña quere que vexades este curto que fala de amor e tamén que aprendas esta canción que é un poema musicado.










domingo, 26 de xaneiro de 2014

A PAZ CON MANDELA

O día 30 de xaneiro celebrase o día da Paz.
Este ano adicamosllo a Nelson Mandela.El recbiu o Premio Nobel da Paz no ano 1993.Foi unha recompensa por traballar para que o mundo fose mellor.
Queremos saber máis cousas de Nelson Mandela e por eso dende a biblioteca invitamosvos a lectura do libro :
Me llamo...Nelson Mandela .Ed. Parramón



e tamén a visión deste prezi elaborado pola biblioteca do CEIP Andrade.
Moitas grazas polo voso traballo e por compartilo con todos nos.
( PREMER AQUÍ )PREZI  NELSON MANDELA









xoves, 12 de decembro de 2013

ATA SEMPRE: NELSON MANDELA "MANDIBA"

O pasado día 6 de decembro morreu Nelson Mandela.
Pataquiña e o equipo de biblioteca quere adicarlle unha pequena homenaxe a
" Mandiba "como se coñece cariñosamente.
Loitou toda a súa vida contra as diferenzas de clases e razas e contra a inxusticia convertindose nun símbolo mundial de liberdade e de tolerancia.
Pequena biografia resumida:





“La educación es el arma más poderosa que

       puedes usar para cambiar el mundo”.

luns, 25 de novembro de 2013

EXPERIMENTAR COA CIENCIA

O pasado Martes os nenos de infantil e primaria estivemos xogando coa ciencia facendo experimentos moi divertidos.
¡ Mirade que ben o pasamos !






mércores, 20 de novembro de 2013

CONTACONTOS DE "QUELIÑA"

Estivo na biblioteca do cole Raquel Queizás, "Queliña" para os amig@s.
Veu a escenificarnos os nenos e nenas de 4 e 5 anos un conto onde o seu protagonista chamadoXan só facía comer pasteliños e máis pasteliños ..... ata que un bo día deuse de conta que o mellor era comer froita, porque así tiña máis enerxía e vitalidade.
Aprendemos moooooito con este conto, só falta poñelo en práctica.
            




Ánimo pequech@s
que a froita é o mellor para crecer moito moitíííííísimo!!!!