Pataquinha

Pataquinha

xoves, 11 de maio de 2023

A VISITA DE ANXO FARIÑA

Anxo Fariña, ilustrador, escritor e diseñador de libros estivo de visita no cole cos nenos de infanti, 1º e 2º de Primaria.

Primeiro estivo amosándonos algún dos seus libros e despois fixemos un pequeno taller de pintura no que aprendemos uns truquiños de debuxo.























 

 

mércores, 10 de maio de 2023

ZUMBA NO PATIO

Hoxe no tempo de recreo puidemos disfrutar bailando zumba  no pabellón 








 

EXPERIMENTANDO: O VOLCÁN

Os nenxs de 4º de Primaria facendo o experimento dun vocán.



Cando se mezcla vinagre, un ácido e bicarbonato de sodio, unha base, prodúcese dióxido de carbono o gas que fai as burbullas que saen do cráter do volcán.

NOVA PLANTACIÓN



Aquí están os nenxs de 3º e 4º plantando leitugas , tomates e pementos.









 










martes, 9 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS 2023

 


O 17 de Maio, celébrase o día das Letras Galegas e nesta ocasión está adicado a Francisco Fernández del Riego.

Francisco Fernández del Riego, naceu na localidade luguesa de Vilanova de Lourenzá o 7 de xaneiro de 1913 e faleceu en Vigo o 26 de novembro de 2010.
Publicou cos pseudónimos de Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, Cosme Barreiros e Alevín, traballando, desde os anos 30, a prol da cultura galega.
Foi un dos creadores da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números.
Presidiu a Real Academia Galega de 1997 a 2001.
O 9 de xullo de 2022, o plenario da RAG acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2023.
Nos seguintes enlaces podedes consultar a sua biografía e obra:


luns, 8 de maio de 2023

PAIS CONTACONTOS

 

O PAPÁ E A MAMÁ DE MARCELO ( LUIS E VANESA), E A MAMÁ DE CLAUDIA ( LETICIA), CONTARON UN CONTO.

GUSTÁRONNOS MOITO XA QUE FIXERON UNHA DRAMATIZACIÓN FANTÁSTICA!!!!!!

MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR UN MOMENTIÑO CON NÓS!!!!!!!!!!!

 😀😀📙📘








 








mércores, 3 de maio de 2023

PAIS CONTACONTOS

 

MAMÁ DE BRUNO, CRISTINA, CO CONTO "MONSTRUO AZUL".

GUSTOUNOS MOITO CRISTINA, MOITAS GRAZAS POR VIR! 😀😀📙📘