Pataquinha

Pataquinha

martes, 20 de decembro de 2022

O NADAL CHEGOU A CABANAS

  Son días de ledicia e de preparativos para a chegada do NADAL.

O cole encheuse de festa e mestrxs e nenxs quixeron facer coas suas decoracións  que  o cole sexa un espazo seguro onde vivir momentos cheos de emoción.

Un poboado navideño,  portas, cheminea, buzón real .... 

Todo nos axuda a disfrutar.




















O  equipo de biblioteca e Pataquiña deséxanvos moi boas festas.



PLANTANDO ALLOS

 Os nenxs de 3º  remataron  o trimestre plantando allos nunha maceta para despois poder levar as súas casas.










mércores, 14 de decembro de 2022

FACENDO MAXIA CO MAGO PEDRO BOLTA


O  Martes, 13 de Decembro tivemos unha visita moi interesante.

O mago Pedro Bolta quixo acompañarnos.

Este curso queremos facer ciencia, experimentar, descubrir...

A ciencia busca explicar os misterios dos fenómenos naturais e a maxia trata de esconder estos principios e as veces distorsionar.

Facer ciencia é estimulante pero... que emocionante e tamén  ver facer maxia.



luns, 12 de decembro de 2022

O CLUB DE LECTURA

 Outro curso máis estamos aquí participando no Club de Lectura.

Este curso volvemos a ter dúas lecturas con dous grupos de nenxs de 6º de Primaria; NATA Y CHOCOLATE E A SEÑORITA BUBLE

                                       "Nata y chocolate "

É un relato sobre o acoso nas aulas.

Sonia é unha nena calada, triste e solitaria. Os seus compañeiros metense con ela por ser albina e esto fai que se sinta mal.

Ninguen parece darse conta desta situación hasta que unha nova profesora chega ao centro e decide cambiar a situación que vive Sonia.




"Señorita Buble"

A señorita Buble é unha xenial inventora, incomprendida que desperta o odio e temor dos seus veciños, pero que consegue fascinar a duas nenas que non poden  entender a caza de bruxas que sofre por parte da xente do seu pobo.

E unha lectura que nos fala de como as mulleres foron  condenadas a invisibilidade, o silencio e a negación ao longo da historia




Son lecturas coas que intentaremos disfrutar e tamén aprender.

sábado, 26 de novembro de 2022

25 N: O MURO DO BO TRATO


Pataquiña quixo hoxe, día 25 de Novembro sumarse tamén a loita  da violencia contra as mulleres.




Entre todos e todas elaboramos un muro cheo de mensaxes positivas e con el quixemos expresar a necesidade de tratar ben e de ser ben tratadxs polos demais.





Ademais tamén grazas as profes Antía e Rebeca cantamos no patio con moita emoción a canción "Uñas de colores", composta por Susa Herrera.
Unha canción basada nun conto perfecto para ensinar aos nenxs a deixar atrás os estereotipos e as etiquetas desde idades moi tempranas.






xoves, 24 de novembro de 2022

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

 O vindeiro Venres, 25 de Novembro é o día internacional para a eliminación da violencia contra a muller.

Estes  so algúns dos contos que temos na biblioteca e cos que queremos previr esa violencia.

Son contos cheos de mensaxes que nos invitan a reflexionar e a facilitar conversas.