Pataquinha

Pataquinha

domingo, 20 de novembro de 2022

20 DE NOVEBRO: DEREITOS DA INFANCIA

 O 2o de Novembro é un día adicado a todos os nenxs do mundo.

E un día para coñecer os seus dereitos.

Recordar o dereito a saúde, a educación, a protección, a ter unha familia,  un nome, a ser alimentados...Durante todos estes días os nenxs traballaron estes dereitos e tamén fixeron lecturas sobre o tema para falar e contarse cousas entre eles.

Os máis pequenos decidiron centrarse en dous: DEREITO A TER UN NOME E DEREITO A TER UNHA FAMILIA.

Fixeron unha chapa co seu nome e un video no que nos contan como as  suas familias.



Clicar en VIDEO



Exposición de lecturas 





domingo, 6 de novembro de 2022

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA E O ACOSO ESCOLAR

 O pasado 4 de Novembro foi o día contra a violencia e o bullyng escolar.

Este foi o expositor con algún dos libros que nos serviron para traballar cos nenxs nas aulas e sensibilizar a toda a comunidade educativa, pais, alumnos da necesidade de poñer fín a violencia e o acoso escolar.



martes, 1 de novembro de 2022

SAMAGOSTO 2022

O Venres 28 de Outubro estivemos de celebración no cole disfrutando do SAMAGOSTO.

Disfrazados con disfraces  de medo fixemos xogos tradicionais de Magosto no pabellón gracias ao profe José  Luis e aos nenxs de 6º de Primaria que foron os monitores.

OS XOGOS FORON : A canasta, a bola que bota e rebota, circuito castaña, latas divertidas, castaña gol...

Tamén miramos a exposición de cabazas que quedou moi chula e a decoración da entrada do cole. Comemos as castañas asadas e por último os nenxs de infantil foron dar sustos a todos os demais profes e maiores  do cole. 














PASÁMOLO DE MEDOOOOOO!!

venres, 28 de outubro de 2022

XA VEN O SAMAGOSTO

Está a chegar a festa do Samagosto.

Será  mañán, Venres 28 de Outubro.

O cole está preparado para a chegada desa data e portas, corredores e clases enchéronse  de bruxas, castañas, momias e tamén contos de medo.






















luns, 24 de outubro de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 O 24 de Outubro celebramos o "día das Bibliotecas Escolares" por eso hoxe Pataquiña encargoulle os voluntarios de biblioteca   que repartisen polas clases as mochilas viaxeiras e os itinerarios lectores.




MOITAS GRAZAS!!!



A biblioteca Escolar é un espazo no que se organizan os recursos para a prendizaxe ofrecendo así igualdade de oportunidades para tod@s e acceso a información, lectura e cultura.