Pataquinha

Pataquinha

martes, 17 de maio de 2022

17 DE MAIO: APRENDEMOS CON FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN


ESTE É O VIDEO QUE OS NENOS E NENAS DE CABANAS FIXERON PARA HOMENAXEAR A FLORENCIO DELGADO.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE !!!










martes, 10 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCO DELGADO

o 17 de maio celebrase o díá das Letras Galegas e o autor homenaxeado é Florencio Delgado Gurriarán.


Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu na aldea de Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903. Era fillo de Florencio e Consuelo, e o menor dos cinco irmáns.

Estudou a primaria e o bacharelato en Palencia e Valladolid, cidades ás que foi destinado seu pai, que era profesor da Escola de Peritos Agrícolas.

Ao licenciarse en Dereito na Universidade de Valladolid traballou como pasante nun bufete do Barco de Valdeorras, comarca á que lle dedicou no ano 1934 o seu primeiro libro, Bebedeiras.

Ao remate da Guerra Civil exiliouse en México, país no que desenvolveu unha intensa actividade cultural en defensa do idioma galego.

Faleceu en California un 14 de maio de 1987, cando visita unha das súas fillas.


ENLACES QUE VOS PODEN INTERESAR:

SEMINARIO GALÁN







PRIMAVERA DAS LETRAS











martes, 3 de maio de 2022

APADRIÑAMENTO LECTOR

Que ledicia volver a poder gozar deste momento tan enriquecedor !!!

O pasado Venres fixemos unha actvidade moi bonita que durante estos anos de pandemia non puidemos organizar e  foi o apadriñamento lector.

Os nenxs maiores escollen a un peque  e contanlles un conto nun recuncho do patio.

E moi chulo ver como falan entre eles como se contan as suas historas e incluso se fan agasallos.

Grazas a todxs os padriños e madriñas por estes grandes momentos de lecturas!!!

















luns, 25 de abril de 2022

CONTACONTOS IGUALDADE

Hoxe tivemos no cole o contacontos da nosa querida Queliña

 ( Raquel Queizas) que vña cargada de contos e historias sobre gualdade e que nos gustaron moito.















23 DE ABRIL " DÍA DO LIBRO"

Ao longo desta semana e para celebrar a importania dos libros faremos un apadriñamento lector por parte dos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Prmaria.

 


martes, 5 de abril de 2022

O TEU COLE NA HISTORA

O TEU COLE NA HISTORA é un programa impulsado pola Concellería de Educación en colaboración co equipo creativo de Polo correo do Vento coa finalidade de acadar a identificación do alumnado co seu centro escolar.
A través da pintura que temos no cole puidemos aprender a historia  da contorna natural, os monumentos, espazos singulares e tamén personaxes destacados.
Faláronos da misión biolóxica,  de Cruz Gallástegui que foi o que realizou numerosas investigacións na misión  e chegou a ser director tamén nos contaron cousas dos muiños do Batán , do parque etnoarqueoloxico cos seus petroglifos e dunha mestra de mestres Ernestina Otero.

Motas grazas.