Pataquinha

Pataquinha

domingo, 13 de outubro de 2019

BIBLIOTECA ESCOLAR: VIVEIRO DE CIDADANÍA


A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, dá a coñecer o lema que propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía". Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode 
facilitar.


"Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos e todas. 
A biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta. "

luns, 7 de outubro de 2019

OS VENRES XOGAMOS COS XOGOS DE PATIO


Fai uns días que abrimos a biblioteca e tamén o noso rincon de biblioxogos que tanto éxito ten, pero ademais este Venres iniciamos os xogos de patio.
Os voluntarios de 6º son os responsables non só de ofrecer os xogos, senon tamén de ensinar as normas e xogar cos que non saben o funcionamento dese xogo.
Con esta actividade tanto pataquiña como o equipo de biblioteca queremos conseguir um mellor tempo de ocio e de xogos compartidos.
Esperamos que así sexa!!!
















xoves, 26 de setembro de 2019

XA ESTAMOS DE VOLTA


Ola a tod@s 
Fai días que estades a preguntar cando se abre a biblioteca e por eso Pataquiña e o equipo de biblioteca queremos contarvos que o día 1 de Outubro empezaremos a pasalo ben outra vez.

Mentras tanto deixámosvos aquí este video de animación a lectura.
Vémonos

martes, 11 de xuño de 2019

OS NENOS DE 5º B DE PRIMARIA PRESENTAN OS SEUS XOGOS


Os nenos de 5º B   estiveron traballando durante este curso  na elaboracion de xogos para poder facer  no patio inclusivo que estamos intentando conseguir.
Hoxe fixeron unha presentación no patio para os nen@s de 4º A.

HANDFUT

É un xogo semellante o football no que se pode xogar coas máns e lanzar á  portería cos pés.

DESCUBRE O OBXECTO

Cos ollos tapados os nenos tocan un obxeto e teñen que descubrir que é.















xoves, 6 de xuño de 2019

OS NENOS DE 5º A PRESENTAN OS SEUS XOGOS

Os nenos de 5º A  estiveron traballando durante este curso  na elaboracion de xogos para poder facer  no patio inclusivo que estamos intentando conseguir.
Hoxe fixeron unha presentación na biblioteca para os nen@s de
 4º B.

-O CABANAS

 XOGO DA OCA  CON DIBUXOS DO COLE
A  CASILLA QUE MAIS  NOS PERMITE AVANZAR É  PATAQUIÑA

-A RESPOSTA LOCA

CANTO MAIS DISPARATADA SEXA A RESPOSTA MAIS  POSIBILIDADES DE GAÑAR.

-RECICLAXE MUSICAL 

PARTINDO DE MATERIAIS DE RECICLAXE FACEMOS MÚSICA

-ADIVIÑA

CONXUNTO DE CARTAS AS QUE SE TEN QUE RESPONDER  CON MONOSÍLABOS

















TOD@S O PASARON MOI BEN
E SÓ PENSAN EN SEGUIR XOGANDO

luns, 3 de xuño de 2019

INVESTIGAMOS EN PONTECIENCIA



os nen@s de 6º de Primaria prepararon unha investigación para presentar en PONTECIENCIA.
FLOTAMOS?
A investigación trataba de buscar cales eran as variables que influen na flotabilidade ( o fluido, o peso e a forma).