Pataquinha

Pataquinha

mércores, 18 de abril de 2018

SALÓN DO LIBRO, " MULLERES DE CONTO"

O pasado luns, 9 de Abril,  visitamos a nova edición do salón do libro.
Saudamos a "ORBIL", visitamos a exposición e cada curso realizou un taller diferente.
Así de ben o pasamos.


E o noso traballo é este



VISITAR O SALÓN DO LIBRO É UN PLAN ESTUPENDO PARA FACER EN FAMILIA!!!!

venres, 6 de abril de 2018

SALÓN DO LIBRO, 2018

Un ano máis comeza o "SALÓN DO LIBRO", este ano co tema "MULLERES DE CONTO".
O cole de Cabanas participa coma sempre cun traballo estupendo feito polo nosos alumnado.
E todo o cole visitaremos o salón o vindeiro LUNS 9.
Xa vos mostraremos o ben que o pasamos, cos obradoiros que nos teñen preparados.
Pero hai tantas cousas que ver que é o plan ideal para pasar unha tarde en familia, ademáis de poder disfrutar con actuacións e obradoiros moi interesantes para tódalas idades.
Podedes ter máis información aquí, ou seguilos no seu FACEBOOK.

xoves, 15 de marzo de 2018

VISITA DE LAURA SÁEZ ,A EDITORA DE patasdepeixe

O tema da edición de 2018 do Salón do Libro é "mulleres de conto".


A idea é render merecida homenaxe ás mulleres que conforman o mundo da literatura infantil, desde os personaxes dos contos ata as autoras, editoras, ilustradoras, profesoras, bibliotecarias...
Os nenos e nenas de Cabanas estamos a argallar unha proposta na que as mulleres serán as protagonistas do noso  conto, e por eso hoxe os nenos de 5º de Primaria recibiron a visita dunha delas: Laura Sáez.
Ela é traductora e tamén a  editora de patasdepeixe.








Foi un pracer aprender contigo!!!

Grazas

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O xoves 8 de Marzo celebrouse o día internacional da muller para conmemorar a loita por unha sociedade xusta e homenaxear o rol que ten a muller no mundo.
Na biblioteca temos unha selección de títulos para disfrutar de "lecturas para a aigualdade".

Resultado de imagen de artur e clementinaResultado de imagen de rosa carameloResultado de imagen de la cenicienta no quería comer perdices

Resultado de imagen de 0 pais dos mandons



mércores, 14 de febreiro de 2018

ENTROIDO 2018: ENCONTRO DAS 7 MARABILLAS DO MUNDO MODERNO


O pasado venres 9 de febreiro festexamos o Entroido no CEIP Cabanas, e este ano dun xeito moi especial, cun encontro dos personaxes e protagonistas das 7 marabillas do mundo moderno: as chinas e chinos da Gran Muralla, os romanos e romanas do Coliseo de Roma, os peruanos e peruanas de Machu Picchu en Cuzco, os exploradores e exploradoras de Petra en Xordania, os mexicanos e mexicanas de Chichen Itzá, os indios e indias do Taj Mahal e os brasileiros e brasileiras do Cristo Redentor.

Foi unha xuntanza do máis emocionante, con desfile e baile de cada nivel, moita música e bo humor. Neste vídeo podedes ver un resumo do que foi esta festa de entroido na Casa Verde, moi pretiño do cole.



Tamén fixemos algunhas fotografías, podedes velas nas seguintes animacións.


 Se querdes velas unha por unha e descargalas, podedes facelo no seguinte enlace.

Ata a próxima familias!

domingo, 4 de febreiro de 2018

DÍA DA PAZ 2018

O día 31 de xaneiro celebramos no Ceip de Cabanas o "DÍA ESCOLAR POLA PAZ"


Este ano estivo adicado a Gloria Fuertes. Elaboramos un mural sobre ela  que nos quedou precioso.


O alumnado de 6º A ofreceunos un teatro de sombras con algúns contos da autora e outros  cursos recitaron os seus poemas infantís.






Para rematar saímos o patio e balilamos todos xuntos a coreografía que a profe Raquel preparou coa canción de Mika "Live your life"



ESTAMOS AQUÍ: AS SETE MARABILLAS DO MUNDO MODERNO

Este ano Pataquiña convidounos a viaxar polo mundo para coñecer "AS 7 MARABILLAS DO MUNDO MODERNO"  e xa estamos en pleno viaxe.
Queredes ver o ben que o pasamos descubrindo estes estupendos monumentos?