Estes son os dibuxos cos que os nenos quixeron expresar os seus dereitos.
venres, 24 de novembro de 2017
martes, 14 de novembro de 2017
MAGOSTO 2017
Unha castaña no ourizo
quixo rir e regañou
caeu do castaño abaixo
Mira que chasco levou!
O Magosto chegou e con el os xogos populares e a diversión ó cole de Cabanas.
luns, 13 de novembro de 2017
20 DE NOVEMBRO
O 20 de Novembro imos celebrar o día dos dereitos dos nenos.
Aqui vos deixamos un LIM , feito por Rosa González Blanco, do CEIP O Pombal para que xoguedes e aprendades.
Ademais ver este video.
Aqui vos deixamos un LIM , feito por Rosa González Blanco, do CEIP O Pombal para que xoguedes e aprendades.
Ademais ver este video.
domingo, 5 de novembro de 2017
CORRE, CORRE CABACIÑA
Este ano celebramos o Samaín dunha maneira moi especial e tamén emotiva.
Os nenos de 5º de primaria quixeron representar coa axuda e dirección de María, unha profe do equipo de biblioteca, a obra de teatro "Corre, corre cabaciña" que xa representaron fai 6 anos cando eles tiñan 4 anos.
Aquí vos quedan as duas.
Disfrutade delas!!!
mércores, 1 de novembro de 2017
UNHA PELI DE MEDO
Outra vez máis os nenos de 5º e 6º de Infantil quixeron sorprender os seus compañeiros coa grabación dunha peli.
<
O curso pasado foi cine cómico e nesta ocasión cine de medo aproveitando o tempo do Samaín.
O martes, 31 de Outubro fixeron o estreo da película en dous pases para infantil e primaria.
Aqui vos queda o trailer e a película.
Aqui vos queda o trailer e a película.
COMPARTINDO LECTURAS
Dende fai uns días os nenos de 2º e 3º de Primaria decidiron compartir lectura cos peques do cole.Por eso na "hora do lector" están baixando ás clases de infantil cos libros que máis lles gusta ler.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
