Pataquinha

Pataquinha

domingo, 5 de novembro de 2017

CORRE, CORRE CABACIÑA

Este ano celebramos o Samaín dunha maneira moi especial e tamén emotiva.
Os nenos de 5º de primaria quixeron representar coa axuda e dirección de María, unha profe do equipo de biblioteca, a obra de teatro "Corre,  corre cabaciña" que xa representaron fai 6 anos cando eles tiñan 4 anos.
Aquí vos quedan as duas.
Disfrutade delas!!!


mércores, 1 de novembro de 2017

UNHA PELI DE MEDO

Outra vez máis os nenos de 5º e 6º de  Infantil quixeron sorprender os seus compañeiros coa grabación dunha peli.
O curso pasado foi cine cómico e nesta ocasión cine de medo aproveitando o tempo do Samaín.
O  martes, 31 de Outubro fixeron  o estreo da película en dous pases para infantil e primaria.
Aqui vos queda o  trailer e a película.

                                    

<

COMPARTINDO LECTURAS

Dende fai uns días os nenos de 2º e 3º de Primaria  decidiron compartir lectura cos peques do cole.Por eso na "hora do lector" están baixando ás clases de infantil cos libros que máis lles gusta ler.



                     

                     

martes, 24 de outubro de 2017

24 OUTUBRO " DÍA DAS BIBLIOTECAS"


Hoxe 24 de Outubre, "día das bibliotecas", quixemos celebralo cunha actividade que xa levamos tempo preparando.
Os nenos voluntarios de 6º de primaria puxeron en marcha as "caixas lectoras" e sairon o patio con libros para todos.
Grandes e pequenos compartiron libros e lecturas.
Esta vai ser unha actividade que imos repetir con certa frecuencia e sempre que o tempo sexa bo.

BOAS LECTURAS

                                                
















10 imáxenes que mostran a importancia das bibliotecas

luns, 23 de outubro de 2017

CONCURSO "CONXUROS"

Estamos no tempo das bruxas, vampiros, momias ...
Falta pouco para celebrar a festa do samaín e por eso Pataquiña proponvos unha vez máis un concurso.
Nesta ocasión é un "CONCURSO DE CONXUROS". 
Os nenos e nenas que participen deberán escribir e ilustrar,  se queren, un conxuro o máis medoso e creativo posible.
Cando o teñades rematado, entregadeo na biblioteca antes de que remate o mes de novembro.


.Resultado de imagen de conjuros de brujas graciosos

Pasos para crear un conxuro:
-Saber para qué o vas a necesitar
-Ingredientes necesarios
-Cómo aplicalo, a quén, cando e en qué lugar
-Palabras máxicas necesarias ou rimas máxicas

Aquí vos queda este LIM para inspirarvos.


  Etamén algunhas palabras máxicas:

-Hocus pocus
-Presto
-Sésamo
-Badabín Badaboon...

UN EXEMPLO:
Osos de sapo
Patas de rá
Que teñas sorte 
Toda a semá!


                                         

venres, 20 de outubro de 2017

CARTA DE PATAQUIÑA




                                 

Ola amigos:
Son  o pirata Pataquiña, supoño que xa me coñecedes,  pero quero presentarme  outra vez máis.
Enriba da mesa da biblioteca acabo de atopar sete fotos de lugares diferentes do mundo e non sei moi ben onde están situados.
Xa sabedes que son moi curioso pero necesito a vosa axuda para resolver esta cuestión e por eso decidín repartir as fotos polas clases do cole coa ilusión de que me poidades axudar. 
 Cando saibades  algo informádeme para despois intentar aprender entre todos.
Esta é a foto que vos toca a vos. Espero a vosa resposta.
Moitas grazas.




xoves, 19 de outubro de 2017

1º FEIRA DO LIBRO USADO

Pataquiña e o equipo de biblioteca, quere felicitar a ANPA do noso cole pola  boa organizacion da actividade que se desenvolveu hoxe pola  tarde,19 de outubro.


1º FEIRA DO LIBRO USADO




ESTAS FORON AS NORMAS QUE SE SEGUIRON:

-Pode participar todo o alumnado do CEIP de  Cabanas.
-Podedes traer  os libros de lectura que xa non usedes e estén en boas condicións.
-Entregadeos en Conserxería  , ata o día 19 de outubro ás 14:30.
 -Por cada libro entregado recibiredes un vale.
-A Feira terá lugar o Xoves 19 de outubro, de 16:30 h a 19:30 h, na entrada do cole.
-Por cada vale podedes levar un libro dos depositados na feira.
-Os libros que non sexan escollidos por ningún neno/a serán doados á biblioteca.
-A dirección e o profesorado do centro colaboran coa organización da Feira.
-Sortearase un agasallo entre tódolos participantes da feira.