Pataquinha

Pataquinha

venres, 20 de outubro de 2017

CARTA DE PATAQUIÑA




                                 

Ola amigos:
Son  o pirata Pataquiña, supoño que xa me coñecedes,  pero quero presentarme  outra vez máis.
Enriba da mesa da biblioteca acabo de atopar sete fotos de lugares diferentes do mundo e non sei moi ben onde están situados.
Xa sabedes que son moi curioso pero necesito a vosa axuda para resolver esta cuestión e por eso decidín repartir as fotos polas clases do cole coa ilusión de que me poidades axudar. 
 Cando saibades  algo informádeme para despois intentar aprender entre todos.
Esta é a foto que vos toca a vos. Espero a vosa resposta.
Moitas grazas.




xoves, 19 de outubro de 2017

1º FEIRA DO LIBRO USADO

Pataquiña e o equipo de biblioteca, quere felicitar a ANPA do noso cole pola  boa organizacion da actividade que se desenvolveu hoxe pola  tarde,19 de outubro.


1º FEIRA DO LIBRO USADO




ESTAS FORON AS NORMAS QUE SE SEGUIRON:

-Pode participar todo o alumnado do CEIP de  Cabanas.
-Podedes traer  os libros de lectura que xa non usedes e estén en boas condicións.
-Entregadeos en Conserxería  , ata o día 19 de outubro ás 14:30.
 -Por cada libro entregado recibiredes un vale.
-A Feira terá lugar o Xoves 19 de outubro, de 16:30 h a 19:30 h, na entrada do cole.
-Por cada vale podedes levar un libro dos depositados na feira.
-Os libros que non sexan escollidos por ningún neno/a serán doados á biblioteca.
-A dirección e o profesorado do centro colaboran coa organización da Feira.
-Sortearase un agasallo entre tódolos participantes da feira.


















mércores, 18 de outubro de 2017

SAMAÍN

O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano.
Tradición de orixe europeo que foi levada polos emigrantes a terras americanas e de ahí transmutouse nun carnaval outonal.

                                                     Cabazas do Samaín

Recursos para o Samaín

¡¡¡UN PEQUENO RETRASO!!!

Estamos a mediados de Outubro e a biblioteca todavia non está aberta.
O equipo de biblioteca está  a traballar para mellorar algunhas cousiñas. 
Un dos traballos máis custosos é o de expurgar e ordear alfabéticamente  os libros para que  vos sexan máis fácil  de localizar.
Esperamos que disculpedes o retraso e queremos que estedes atentos porque mentras tanto, Pataquiña vai enviarvos unhas cartas para que lle axudedes a resolver unhas dúvidas.
Ata pronto!!!
Resultado de imagen de niños ordenando libros 

luns, 16 de outubro de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS

Grazas os voluntarios de biblioteca xa están todas as mochilas repartidas polas clases.
Boas lecturas



domingo, 15 de outubro de 2017

"POEMAR O MAR" ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Moitos parabéns ao poeta Antonio García Teijeiro, por ser galardonado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo seu libro "Poemar o mar".

                           Resultado de imagen de ANTONIO GARCIA TEIJEIRO

                                                        Resultado de imagen de poemar o mar

domingo, 24 de setembro de 2017

XA ESTAMOS DE VOLTA

O equipo da biblioteca está xa moi ocupado intentando mellorar algunhas cousiñas da biblioteca.
Facendo expurgo e escollendo  novos materiais para as  mochilas.
Estamos intentando que todo este listo para Octubre, pero quizás teñamos algún retraso.
Agradecemos a vosa espera.
Queremos conseguir que a biblioteca sexa un lugar de lectura, traballo e relaxación. "Un lugar onde aprender a pensar"