Pataquinha

Pataquinha

domingo, 25 de outubro de 2015

24 DE OCTUBRE

Neste curso 2015-16 para celebrar o día das Bibliotecas Escolares , fixemos un mural con fotografias onde os nenos e nenas ensinaron a Pataquiña os diferentes lugares do mundo nos que estiveron e tamén exploraron.
Chegaron moitas fotos e por eso Pataquiña está moi contento.
Grazas pola colaboración das familias




venres, 23 de outubro de 2015

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa están preparadas e revisadas as mochilas viaxeiras para viaxar ás casas dos nenos e nenas.
Pataquiña desexa que disfrutedes moito das lecturas.
Bo viaxe!!!!!!


O SAMAIN

Chegou o Outono, e con el, o tempo da vendimia, das castañas, das longas noites de choiva, vento e frío. Pero tamén é o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións e sobre todo, de medo, de moito medo.
¿Qué é o Samaín? premer aquí


PATAQUIÑA EXPLORADOR

Este ano imos explorar o mundo.
O noso  Pataquiña xa está preparado e nós tamén.
El é un pirata pero agora toca ser explorador e como podedes ver xa comprou traxe novo para viaxar e aprender.




domingo, 13 de setembro de 2015

BIBLIOTECA ESCOLAR CURSO 2015-16

             OLA A TODOS E TODAS

"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elexido por bibliotecas escolares para o curso 2015-16.
Pataquiña desexa que todos vos animedes a explorar e coñecer o mundo que nos rodea.
Esperámosvos na  biblioteca do cole 

sábado, 20 de xuño de 2015

FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2015

Video coas actuacións do festival deste ano.
Aquelas persoas que estedes interesadas podedes conseguir unha copia de maior calidade da película na biblioteca do colexio. Non esquezades traer un DVD gravable ou un lapis de memoria.


martes, 9 de xuño de 2015

PRINCIPIÑAS E PRINCIPESOS

O noso cole foi un dos que participou durante este curso no

Programa de prevención da violencia de xénero engadido dentro do Proxecto nAmorAndo, feito posible grazas ó apoio e a financiación da Concellería de Asuntos Socias e Iguadade do Concello de Pontevedra e levado a cabo pola psicóloga JONE OJEDA.
Encantados quedamos coa experiencia e co resultado final, un video precioso que nos fai reflexionar a todos e todas.



Se queredes disfrutar  del clicade aquí.
Esperamos que vos guste moito.