Pataquinha

Pataquinha

luns, 6 de outubro de 2014

BIBLIOTECA ESCOLAR...MATEMÁTICO!!!

Biblioteca escolar...matemático!!! é o lema elexido este ano para o cartel da campaña de comezo de curso nas bibliotecas escolares galegas.
Nesta ocasión o lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean.

BENVIDOS O CURSO 2014-15

Pataquinha
Pataquiña  quere darvos a benvida o novo curso escolar.
Xa está aberta a biblioteca en tempo de recreo, pero todavía estamos a preparar e por en orden as mochilas viaxeiras .
Este ano intentaremos que na biblioteca o pasedes ben e que convirtades os libros nos vosos amigos.
Un saúdo

sábado, 14 de xuño de 2014

FELICITACIÓNS

Pataquiñas felicita os nenos de 6º de Primaria por ser os gañadores do 1º premio PONTECIENCIA.

               
¡MOITAS FELICIDADES!

xoves, 5 de xuño de 2014

PONTENCIENCIA



O ALUMNADO DE 6º DO CEIP DE CABANAS VAI A PARTICIPAR NA FEIRA DA CIENCIA.

ESTAREMOS  NA FACULTADE DE FORESTAIS O SÁBADO POLA MAÑÁ.

ANIMADEVOS A VIR E COÑECER O NOSO STAND !!!!


PONTECIENCIA


Os nenos de 6º de Primaria participan na actividade de "Ponteciencia".
Traballaron tres experimentos e éste é un deles "Que lugar do patio prefiren as plantas?".
Neste  traballo analizan os compoñentes do solo de tres zonas do centro escolar para comprobar como inflúen no crecemento das plantas.
Realizaron este video para explicar o que fixeron.

CONTACONTOS PAI AROA


ENRIQUE CAMPELO SANTIAGO.PAI AROA.
CONTO:"DÉDALO E ÍCARO"













martes, 3 de xuño de 2014

INSPECCIÓN EN CABANAS(CONTINUACIÓN)

CANCIÓN "NON MALGASTES".2º PRIMARIA(CONTINUACIÓN)

Para fomentar a EDUCACIÓN POLO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE, o 1º ciclo participou un ano mais nun Proxecto levado a cabo pola concellaría de Educación xunto con moitos outros colexios da cidade.
O alumnado do 2º nivel, fixo unha inspección no centro e nas casas sobre o reciclado de papel, plástico, vidro,baterías e tamén estudaron as plantas e os animais foráneos.
Co resultado das inspeccións fixeron coplas, que adaptaron a unha música.
A canción resultante a cantaron no Teatro Principal de Pontevedra nun festival.